Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Febreiro - 2017  |  3:15:15
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Actividades e celebracións » Entroido 2017

Entroido 2017


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos abre o prazo para inscribirse no concurso de XOVES DE COMPADRES, XOVES DE COMADRES e MARTES DE ENTROIDO.

O primeiro dos eventos festivos programados é o concurso do XOVES DE COMPADRES, que se vai celebrar o vindeiro 16 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 23 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas: o XOVES DE COMADRES. Por último teremos o DESFILE DE COMPARSAS E DISFRACES do MARTES DE ENTROIDO, que se vai celebrar o vindeiro 28 de febreiro.

Xoves de compadres e de comadres

Tanto para o concurso do xoves de compadres como para o de comadres, a concellería de Cultura ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual.

Un dos aspectos máis destacados das bases é que por vez primeira establécense uns criterios obxectivos para que o xurado conceda os premios. Á hora de decidir os gañadores teranse en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, o interese etnográfico e a crítica social. Outros dos aspectos que sumarán puntos son a posta en escena e a utilización de música en vivo. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Ampliar Foto...

Martes de Entroido

O día grande do Entroido será o martes, 9 de febreiro. Está previsto que o desfile de comparsas e disfraces comece ás 17:00 horas na Praza da Estación e percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde e Cardeal. O percorrido rematará na praza da Compañía.

Información e inscricións

Información:  Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos (Teléfono 982 402501)

Inscrición: Mediante os impresos dispoñibles en:

  • Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos (Campo de San Antonio, s/n - Pranta Baixa)
  • Páxina web do Concello de Monforte de Lemos (pódense descargar no enlace Documentación adicional ao pé destas liñas)

Lugar de presentación e prazo de inscricións

Lugar de presentación: As solicitudes de inscrición deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos.

Prazos de inscrición:

  • Xoves de compadres: Ata o día 15 de febreiro ás 14:00 horas
  • Xoves de comadres: Ata o día 22 de febreiro ás 14:00 horas
  • Desfile de comparsas e disfraces: Ata o día 24 de febreiro ás 14:00 horas

Impresos e formularios

imagen...
No apartado Documentación adicional podes ver/descargar tanto as bases que regulan cada unha das convocatorias coma os impresos necesarios para presentar a túa solicitude no Rexistro Xeral

Se queres acceder a esta información dende o teu dispositivo móbil (smartphone ou calquera outro capaz de interpretar códigos QR) podes capturar a imaxe que acompaña a este párrafo. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting