Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Maio - 2017  |  7:30:29
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Actividades e celebracións » XXVI CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO 2017

XXVI CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO 2017


REPRESENTACIÓN TEATRAL COLEXIO P. FERROVIARIO

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos.

“Quen anda alí” do Colexio P. Ferroviario, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o luns 8 de maio ás 20:00 h.

A primeira das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos será o luns 8 de maio ás 20:00 h na Casa da Cultura, 21 alumnos e alumnas do Colexio Ferroviario porán en escena a obra “Quen anda alí”, obra creada polo alumno do centro Gael Trujillo Quiroga, baixo a dirección de Sabela González Chas e Juan José Diéguez López.

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL CEIP MONFORTE

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos.

Ampliar Foto...

“A sopa de Amora e as princesas resistentes ao amor” do CEIP MONFORTE, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o martes 9 de maio ás 20:00 h.

A segunda das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos terá lugar o martes 9 de maio a partir das 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura. Nesta ocasión alumnos e alumnas da aula de teatro do CEIP Monforte, baixo a dirección de Paqui Abeledo, representarán a obra "A sopa de Amora e as princesas resistentes ao amor", versión adaptada do texto "Sopa de xarope de amora" de Xosé A. Neira Cruz.
“Os reis e as raiñas dos reinos de NONSEI solicitan da ciencia da doutora Amoura e do doutor Amorodo que descubran unha pócema pola que as princesiñas dos seus reinos sexan obedientes. Máis non dará resultado, e iso traerá algunhas consecuencias inesperadas. Mestras tanto, misturados nesta historia, irán aparecendo outros personaxes que contribuirán ao desenlace deste conto de librepensantes".

REPRESENTACIÓN TEATRAL IES A PINGUELA

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos.

Ampliar Foto...

“Asamblea Xeral” do IES A PINGUELA, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o xoves 18 de maio ás 20:00 h.

A terceira das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos terá lugar o xoves 18 de maio a partir das 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura. Os alumnos e alumnas do grupo de teatro "A Pinguela 2017", baixo a dirección de Paqui Abeledo, representarán a obra "Asamblea Xeral", de Lauro Olmo e Pilar Enciso, coa axuda do equipo de perruquería e maquillaxe do instituto: C.M. Peiteado e C.M. Estética.
“Asamblea Xeral é unha obra curta de Lauro Olmo na que os animais son os protagonistas e actúan de xeito parecido aos homes. Os animais do bosque están amedrentados por unha terrible epidemia: a peste. Eles supoñen que os deuses están enfadados polo seu comportamento e é necesario aplacar a súa ira".

 

 

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL CEIP A GÁNDARA

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos

Ampliar Foto...

“A galiña azul e outros contos” do CEIP A GÁNDARA, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o martes 23 de maio ás 20:00 h.

A cuarta das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos terá lugar o martes 23 de maio a partir das 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura. Nesta ocasión alumnos e alumnas da aula de teatro do CEIP Plurilingüe A Gándara baixo a dirección de Paqui Abeledo, representarán a obra "A galiña azul e outros contos" baseada na obra de Carlos Casares A galiña Azul. A obra conta coa colaboración do CEIP A Gándara e as familias dos actores e das actrices.
"Para despedirse da pequena Ana e para que lembre a súa orixe galega, o escritor adícalle unha serie de contos, que os diversos personaxes irán escenificando, contando e cantando, ao longo da función, onde todos xuntos nos lembrarán a importancia de ter unha lingua propia".

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL PRODEME

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos

Ampliar Foto...

“Diñeiro B” da Asociación PRODEME, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o venres 26 de maio ás 20:00 h.

A quinta das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos será o venres 26 de maio ás 20:00 h na Casa da Cultura, os integrantes da Asociación Prodeme porán en escena a obra “Diñeiro B”.

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL CEE INFANTA ELENA

XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos.

Ampliar Foto...

“Ni muerto ni rico sino todo lo contrario” do CEE INFANTA ELENA, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o luns 29 de maio ás 20:00 h.

A sexta e última das representacións do XXVI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos será o luns 29 de maio ás 20:00 h na Casa da Cultura, os alumnas e alumnos do CEE Infanta Elena porán en escena a obra “Ni muerto ni rico sino todo lo contrario”.

O remate da representación entregaranse os diplomas a cada un dos centros participantes no Certame de Teatro.

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting