Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Maio - 2017  |  7:30:26
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Actividades e celebracións » LETRAS GALEGAS 2017

LETRAS GALEGAS 2017


Ampliar Foto...

26 PEQUENAS OLLADS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A Ó Z

Do 9 ó 26 de maio de 2017 e na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do Concello de Monforte, poderase visitar a exposición 26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A Ó Z, con textos de Xosé Martínez, actividade que a Delegación Municipal de Cultura programa dentro dos actos das LETRAS GALEGAS 2017.

6 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A Ó Z é unha mostra sobre escritores e escritoras na liña das realizadas nos últimos anos. A de 2012 titulouse Pequena ollada ás letras de Lemos, a de 2013  Dezasete escritores galegos, a de 2014 Por Monforte con Manuel María e a de 2015 Terras e letras de Lemos: 17 olladas. En 2016, debido a dedicarse o Día das Letras Galegas a Manuel María, volveu expoñerse a mostra de 2014. En concreto aseméllase bastante ás dos anos 2012 e 2015.
A idea da mostra xurdiu nunha reunión do colectivo Lemos Le o cal colabora con esta.

Que é 26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A Ó Z

As 26 Pequenas olladas ás letras de Lemos son un pequeno e incompleto (pero pensamos que pode ser interesante) dicionario de escritoras, escritores e colectivos vinculados á Terra de Lemos do A ao Z (case ao Z porque non hai todas as letras pero case todas).  

Son escritores e escritoras case todos en lingua galega e nalgún caso en lingua castelá  cunha representación en máis ou menos medida de todos os concellos da Terra de Lemos (Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober).

Somos conscientes de que hai máis escritoras e escritores ligados ás Terras de Lemos afortunadamente e que poden ofrecerse olladas delas e deles noutras  posibles mostras futuras.  

Como é a exposición 26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A Ó Z e cales son esas vinte e seis olladas.

A exposición está dedicada a vinte e seis escritores, escritoras ou colectivos con literatura relacionada coa Terra de Lemos. A cada escritor, escritora ou colectivo está dedicado un panel salvo no caso puntual de Manuel María ao que se lle dedican dous paneis. En cada panel hai unha síntese biográfica e bibliográfica de cada escritor, escritora ou colectivo e tamén unha escolma dalgún texto da súa autoría. Procurouse que fosen textos significativos na obra do autor ou significativos dende o punto de vista de Monforte e da Terra de Lemos pola temática da que se ocupan.

Tamén se acompaña os textos biográficos, bibliográficos e literarios, na medida do posible, de fotos de obras literarias dos autores seleccionados. Todo isto ten o obxectivo de ofrecer información ás persoas que visitan a mostra e atraelas á achegarse máis ao rico mundo das letras de Lemos.

Os escritores, escritoras e colectivos escollidos para a mostra Letras Galegas 2017 26 olladas ás Letras de Lemos do A ó Z ordenados pola inicial do primeiro apelido son os seguintes:
 
Xurxo Ayán, Manuel Banet Fontenla, Sara Cao, Lois Diéguez, Os Estraloxos, Enrique Fernández Llano, Alicia Fernández Rodríguez, Xosé Lois García, Manuel Hermida Balado, Xosé Ibáñez Fernández, Antón Lopo, Manuel María, Olga Novo, Bacharel Olea, Antón Patiño Regueira, Lois Pereiro, Xabier Quiroga, Sabela Rodríguez Ojea, Margarita Rodríguez Otero, Manuela Sáez González, Ramón Sandoval Pérez, O Trícole e O Colado do Vento, Germán Vázquez, Pero de Veer,  Manuel Veiga Taboada e Manuel Yáñez González.  

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting