Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
28 - Maio - 2017  |  14:23:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
TEATRO NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS /XOVES 11 DE MAIO DE 2017


O xoves 11 de maio ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios no segundo semestre de 2017 en Monforte de Lemos.

A compañía TALÍA TEATRO presenta FOUCELLAS, obra composta e dirixida por Cándido Pazó e cun elenco artístico de Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo.

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.
Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa derradeira acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino... son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionarmos sobre un transo co que, en maior ou menor medida, nos enfrontamos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Documentación AdicionalDocumentación Adicional

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting