Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
29 - Marzo - 2017  |  19:14:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Recollida de Lixo » Puntos de recollida

Puntos de recollida


imagen...
imagen...
A xeración de residuos é consecuencia directa e inevitable da presenza de servizos no noso planeta, producindo unha serie de materiais que non teñen unha utilidade ou un valor económico e que están destinados a ser descartado.

Nos ultimos anos, debido ao aumento gradual da poboación e ao avance tecnolóxico que produce novos materiais, aumentou a cantidade de residuos producida. Este problema vese agravado cando o residuo xerado non é acondicionado e situado correctamente.

Para poder dispoñer dos residuos eficazmente e intentar solucionar esta problematica é importante distinguir os distintos tipos que hai. Pódese definir o residuo pola actividade que o orixine, esencialmente é unha clasificación sectorial:

imagen...
 

  • Residuos urbanos: Os que compoñen o lixo doméstico.
  • Residuos industriais: Dentro dos residuos que xera a industria é conveniente diferenciar entre:
  • Inertes: Que son entullos e materiais similares, en xeral, non perigosos para o medio, aínda que algúns procedentes da minaría poden conter elementos tóxicos.
  • Similares a residuos urbanos: Restos de comedores, oficinas, etc.
  • Residuos perigosos: Que pola súa composición química ou outras características requiren tratamento especial
  • Residuos agrarios: Son os que proceden da agricultura, a gandaría, a pesca, as explotacións forestais ou a industria alimenticia.
  • Residuos médicos e de laboratorios: Restos do traballo clínico ou de investigación.
  • Residuos radiactivos: Materiais que emiten radiactividade.

imagen...
De acordo á Lei 10/1998, básica de residuos establece que, a partir de 2001, todos os concellos están obrigados a facerse cargo de todos os residuos urbanos que se producen no territorio da súa xurisdición. Por isto, o Concello de Monforte de Lemos dispón de dúas instalacións adicadas á recollida de resíduos para a súa clasificación e posterior tratamento en función da súa natureza. Estamos a falar do PUNTO LIMPO e do CENTRO VERDE, dos que ten máis información facendo clic no seu nome no menú da esquerda ou nas iconas da parte superior destas liñas. Facendo clic na imaxe da esquerda accederá á páxina web da empresa que na actualidade xestiona estes servizos RCD Galicia.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting