Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Xullo - 2017  |  22:34:15
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Recollida de Lixo » Recollida Selectiva » Pilas e Acumuladores

Recollida selectica de Pilas e Acumuladores


imagen...

As pilas acumulan e xeneran enerxía eléctrica por un proceso químico. Distinguese entre pilas primarias e secundarias, estas últimas tamén chamadas baterías ou acumuladores, cuxa vida pode ter varios ciclos de carga e descarga.

A pila é un elemento que conten diferentes metais na sua composición, como mercurio nas pilas de botón, as alcalinas… o cadmio nas pilas recargables. Tamén son preocupantes outros metais como o manganeso, níquel e cinc. Polo tanto, malia que non todas as pilas son iguais nin teñen a mesma perigosidade, toda pila que teña alta concentración de metais ten que ser considerada como residuo perigoso. 

imagen...

As pilas, baterías ou acumuladores nos facilitan o uso de moitos dos aparatos que necesitamos na nosa vida cotiá, pero unha vez esgotadas, se as refugamos co resto dos residuos, rematarán en vertedeiros ou plantas de incineración.

Nos vertedeiros, co paso do tempo, as pilas perden a carcasa e verte o seu contido, que remata contaminando as augas subterráneas e o solo. Desta forma se introduce nas cadeas alimenticias naturais, das que se nutre o ser humano.

imagen...

Nas plantas de incineración, as emanacións resultantes darán lugar a elementos tóxicos volátiles, contaminando o aire. 

A recollida selectiva das pilas usadas, en colectores específicos e o seu tratamento adecuado constitúen a solución máis lóxica e máis respectuosa co medio ambiente. Unha vez recollidas, as pilas se levan a unha planta de reciclaxe onde se segregan e sepárase os metais perigosos do resto de materiais que constitúen a pila.

Pero, lamentablemente, existen poucas plantas de reciclaxe de pilas xa que o proceso utilizado require un elevado investimento económico.

  

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting