Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  0:04:03
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Recollida de Lixo » Recollida Selectiva » Aparellos Eléctricos

Recollida selectiva de Residuos de Aparellos Eléctricos


imagen...

A continua aparición de novos e sofisticados aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) é unha constante nos nosos días. En décadas pasadas, os elevados prezos da súa adquisición facían que o número de persoas que accedían a eles fose reducido, polo que os seus residuos (RAEE) tiñan un impacto baixo sobre o medio ambiente.

Na actualidade a realidade é distinta xa que os avances tecnolóxicos han feito que tanto a produción como o consumo alcanzasen niveis impensables. Os RAEE crecen tres veces máis rápido que lle media de Residuos Sólidos Urbanos (RSU).

A este aumento na produción de residuos hai que engadirlle o feito de que na súa composición atopamos determinados compostos perigosos como son certos metais pesados (mercurio, chumbo, cadmio, cromo), algunhas sustancias halogenadas (CFC -clorofluorocarburos-), PCB (bifenilos policlorados), PVC (policloruro de vinilo) e retardadores de chama ou materiais ignífugos como o amianto e o arsénico. 

REEE
REEE
 

A evidente necesidade de tratamento destes residuos fixo que a Unión Europea adopte unha serie de directivas para lexislalos.

A primeira delas foi a Directiva 2002/96/CE, na que se definen os RAEE como os aparellos que para funcionar debidamente necesitan corrente eléctrica ou campos electromagnéticos, e os aparellos necesarios para xerar, transmitir e medir tales correntes e campos.

Ademais clasifica estes residuos en dez categorías (grandes electrodomésticos, pequenos electrodomésticos, equipos de informática e telecomunicacións, aparellos electrónicos de consumo, ferramentas eléctricas e electrónicas, xoguetes ou equipos deportivos e de tempo libre, aparellos médicos) que inclúe en tres liñas: a liña marrón (televisores, equipos de música, vídeo), a gris (equipos informáticos e teléfonos móbiles) e a liña branca (frigoríficos, lavadoras, lavalouzas, fornos e cociñas).
  

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting