Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  15:59:50
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Actualidade da UAD

ACTUALIDADE


Ampliar Foto...

PROGRAMA "INTERVENCIÓNS DE PREVENCIÓN DO CONSUMO EN ESPAZOS DE LECER NOCTURNO"

O 2 de setembro persoal de Marexada coa coordinación da educadora social da UAD levarán a cabo o Programa de Prevención de Drogodependencias "Intervencións de prevención do consumo en espazos de lecer nocturno", aproveitando a celebración do Festival do Paradiso. O obxectivo do programa é informar sobre os efectos e as consecuencias do cosumo de drogas.

Na parte inferior, no apartado de información adicional podes descargar o díptico da actividade.

 

Ampliar Foto...

CAMPAÑA VERÁN 2017

Con motivo das Festas Patronais, desde o Servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias organízase unha campaña de información e sensibilización sobre o tabaco dirixida, especialmente, aos traballadores e empresarios do sector da Hostalería.

Este programa ten como obxectivo xeral implicar @s profesionais do sector hostaleiro dentro da redución dos problemas asociados ao consumo de tabaco. Entre outros obxectivos busca “sensibilizar ás e os profesionais do sector hostaleiro sobre a importancia do papel que poden desempeñar para evitar ou reducir os riscos asociados ao consumo de tabaco, e fomentar o cumprimento da normativa “.

Consulta toda a información en Documentación Adicional

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017 E UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Ampliar Foto...

Un ano máis colaboramos cos Campamentos de Verán do Concello. É unha das actividades de prevención que realizamos dende o Servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). Nesta ocasión elaboramos o Decálogo do Deportista 

Podedes decargalo en Documentación Adicional.

 

 

 

 

 

 

 

BOLETÍN INFORMATIVO XUÑO

Ampliar Foto...

 

Desde a UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS
(UAD) lles adxuntamos un novo número de o noso Boletín Familiar. Nesta ocasión o tema que tratamos é:
CREO QUE O MEU FILL@ SE DROGA, QUE FAGO?

 

BOLETÍN INFORMATIVO ABRIL

Ampliar Foto...
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade, que dirixe Pilar Espinosa.  Nesta ocasión  o tema que tratamos é:

 

"Como falar de porros cos meus fillos"

 

Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting