Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
18 - Agosto - 2017  |  1:06:46
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Asociacións sociais

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO INSCRITAS NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2017.


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos convoca a concesión de subvencións a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro municipal de asociacións para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais  no exercizo 2017.
 
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, puntos 23 e 24, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social e en promoción do desenvolvemento comunitario respectivamente.
 
En virtude deste título competencial aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de
servizos sociais de Galicia, que ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público,os servizos sociais en Galicia para a construción do sistema galego de benestar.
Asi define o sistema galego de servizos sociais como servizo público destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos estratéxicos do sistema que perfilan o ámbito propio dos servisos sociais: facilitar recursos e itinerarios de inclusión social,garantir a autonomía persoal,brindar protección e oportunidades sociais e educativas ós menores,facilitar a conciliación da vidad laboral e familiar,e en xeral,ademais, previr a aparición de situación de exclusión social,dependencia,desigualdade ou desprotección as persoas mais vulnerables.
 
A lei de servizos sociais de Galicia estrutura o sistema galego de servizos sociais en forma de rede, consonte a dous niveis de  actuación:comunitarios e especializados.Con carácter xeral ,correspóndelle aos concellos a competencia na creación e xestión dos servizos sociais comunitarios. Estes, pola súa vez, diferéncianse en dous subniveis: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos,sendo os primeiros unha esixencia universal para a Administración local galega e un elemento clave para garantir o acceso ao sistema galego de servizos sociais.
 
Cómpre destacar que os  servizos sociais prestaranos as Administracións públicas galegas,directa ou indirectamente. Non obstante,as persoas físicas e xurídicas privadas,de iniciativa social ou carácter mercantil poderán actuar como entidades prestadoras de servizos sociais,exervcizo que quedará suxeito ó réxime de rexistro e autorización previa regulado no Decreto 354/2011,de 23 de decembro.
No caso das entidades de iniciativa social o Art. 30 da lei de servizos sociais define como organización ou institucións non gubernamentais que xestionan centros ou desenvolven actuacións e programa s de servizos sociais. Os poderes públicos fomentarán no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por entidades de iniciativa social sempre que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na lei promovendo   o cumprimento dos fins destas entidades mediante o outorgamento de subvencións que se concederán atendendo ó interese social dos diferentes servizos e proxectos,a súa complementariedade coa oferta pública de servizos sociais,á calidade e ó carácter innovador das prestacións e servizos ofertados,á eficiencia no emprego dos fondos públicos e á súa adecuación ós obxectivos fixados pola planificación autonómica en materia de servizos sociais.
 
Finalmente, en relación á prestación dos servizos sociais por parte das entidades locais cómpre salientar o regulado na Lei 7/1985, Reguladora de Bases de Réxime Local modificada pola Lei 27/2013, de 12 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, na que estipula que o municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, exercendo en todo caso, como competencias propias, nos termos da lexislación estatal e autonómica, en materias tales como: avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.
 
Tendo en conta o exposto anteriormente, e ao amparo da Lei 7/1985, Reguladora de Bases de Réxime Local, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia o Concello de Monforte de Lemos convoca esta liña de subvencións de acordo coas seguintes:
 

Documentación AdicionalDocumentación Adicional

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting