Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Outono - 2017  |  22:44:11
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Festas barrios e parroquias

SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS DE BARRIOS E PARROQUIAS NO EXERCICIO 2017


Ampliar Foto...

Dende o  Concello de Monforte de Lemos preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais,  mediante o outorgamento de subvencións, a promoción e organización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional entendendo por cultura popular e tradicional en especial, as festas, as tradicións, os costumes, a música, os bailes e danzas, as representacións, o folclore, así como calquera outra manifestación de carácter popular e tradicional nos barrios e parroquias deste Concello.
 
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar festas populares nos barrios e parroquias do Concello de Monforte.
 
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e sempre que xustifiquen as condicións establecidas nas bases.
 
NOTA IMPORTANTE - Estas subvencions están suxeitas a IRPF se quen a solicita é unha persoa física, según o Artigo 33 da LIRPF, como ganancia patrimonial. Os beneficiarios poderán solicitar certificación da finalidade da axuda recibida ós efectos de comunicalo á Facenda Estatal.
 
No apartado Documentación adicional podense descargar as BASES da convocatoria, nas que se inclúen os FORMULARIOS de solicitude das subvencións.
 
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting