Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Nadal - 2017  |  1:40:38
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Deportistas individuais

AXUDAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE MONFORTE PARA A TEMPADA 2016-2017


Dende a Concellería de Deportes do Concello de Monforte, sendo conscientes do esforzo económico que supón a práctica deportiva para deportistas de modalidades individuais e sobre todo cando se consegue participar en eventos e competicións deportivas fóra do ámbito da xeografía galega, convócase a concesión de axudas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2016-2017.
 
O obxecto das presentes bases é regular o procedemento mediante concorrencia competitiva de axudas económicas a deportistas individuais do Concello de Monforte de Lemos que, como mínimo, teñan participado no Campionato de España propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.
 
As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.
 
No apartado Documentación Adicional pódense descargar as BASES da convocatoria, nas que se inclúen os FORMULARIOS de solicitude.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting