Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Outono - 2017  |  4:07:10
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Promoción do emprego

AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2017


O Concello de Monforte, a través do Programa de Fomento da Iniciativa Empresarial no Concello de Monforte de Lemos, cumple coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais. 
 
O obxectivo principal da convocatoria é o de fixar poboación no concello e contribuir a un crecemento sostible, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.
 
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017.
 
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no BOP de Lugo e ata o 10 de novembro de 2017.
 
No apartado Documentación Adicional pódense descargar as BASES da convocatoria, nas que se inclúen os FORMULARIOS de solicitude.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting