Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Nadal - 2017  |  1:33:23
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
P.E.P.R.C.H. » Ampliación de prazo

Ampliación de prazo de consulta


Ampliación prazo de exposición pública da aprobación inicial do P.E.P.C.H.A.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18/06/2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, acordou, na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, aprobar inicialmente o Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade “Oficina de Planeamiento, S.A.” en virtude do servizo contratado polo Concello, e sometelo aos trámites de información pública e notificación individual aos afectados, previstos no art. 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O prazo de información pública inicial de dous meses (D.O.G. nº 147 do 03/08/2017) foi ampliado en outros dous, ata o 4 de decembro de 2017, por acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de setembro de 2017 (D.O.G. nº 186 do 29/09/2017).

Respecto ás notificacións individuais aos interesados, figura no BOE nº 278, do do 16/11/2017, a notificación edital das que resultaron infrutuosas, polo que a efectos de que coincida o prazo que resulta do anuncio do BOE co xeral de información pública,  a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 20 de novembro de 2017, acordou a este respecto o seguinte:

“Primeiro: AMPLIAR ATA O 16 DE XANEIRO DE 2018 O PERÍODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE MONFORTE DE LEMOS.

Segundo: Publicar o anuncio de dita ampliación de prazo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web municipal e nos xornais de maior difusión na provincia.”

 

Para consultar os documentos do plan ou descargar o impreso de alegacións, faga clic aquí


Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting