Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Xullo - 2017  |  2:43:53
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O Alcalde » Saúdo

Saúdo do Alcalde


Ampliar Foto...
José Tomé Roca - Alcalde

Estimad@s amig@s:

O Concello de Monforte de Lemos é unha cidade chea de historia, aberta e con ganas de relacionarse con todos os demáis pobos e cidades, utilizando as ferramentas que poñen á vosa disposición as novas tecnoloxías, como é a páxina web.

As innovacións tecnolóxicas deben servir para unha mellor comunicación, máis áxil e que permite unha relación interactiva, o que sen dúbida facilita ós veciños estar en contacto permanente coa administración máis próxima, como é o Concello.

Ó comezo do meu mandato coma Alcalde, quero transmitir a todos e a todas, unha mensaxe de ilusión e de esperanza no futuro do noso Concello.

Espero de todos os veciños e veciñas, a súa colaboración para sacar adiante esta gran familia que formamos todos os monfortinos, traballando conxuntamente para resolver os problemas que a todos nos preocupan.

A páxina web do Concello de Monforte, pode e debe ser utilizada polos veciños para facer en positivo, todas aquelas aportacións que consideren que poden ser útiles na labor do Goberno Municipal.

Quero poñerme a disposición de todos os monfortinos, coas portas do Concello abertas, para escoitar as súas preocupacións e para atopar xuntos as respostas que necesitamos.

Unha aperta.

imagen...

 

José Tomé Roca - Alcalde

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting