Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Abril - 2017  |  14:49:55
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Empadroamento » Benvidos

Benvidos ao Padrón


PARA QUE SERVE O PADRÓN DE HABITANTES?

Mediante a inscrición no Padrón poderanse acreditar tanto a condición de veciño de Monforte de Lemos, como o domicilio habitual neste municipio, aspectos que lle serán esixidos en múltiples ocasións, por exemplo:

  • Expedición de documentos como D.N.I., pasaporte ou carné de conducir.
  • Matriculación en centros docentes (gardarías, colexios, universidade) e solicitude de bolsas para estudos.
  • Solicitude de vivendas sociais e prestacións sociais diversas (salario social, prestación por desemprego, axudas asistenciais…)
  • Inclusión no Censo Electoral a fin de poder exercer o dereito ao voto.

QUEN SON VECIÑOS DE MONFORTE DE LEMOS?

Para ser veciño dun municipio é imprescindible estar empadroado no mesmo. Soamente os inscritos no Padrón Municipal de Habitantes teñen esa condición.

A Lei de Bases de Réxime Local establece os dereitos que corresponden aos veciños dun municipio, algúns deles son:

  • Ser elector e elexible de acordo co disposto na lexislación electoral.
  • Participar na xestión municipal de acordo co disposto nas Leis.
  • Utilizar, de acordo coa súa natureza, os servizos públicos municipais, e, no seu caso, esixir o establecemento doutros novos.
  • Ser informado, previa petición razoada, e dirixir solicitudes á Administración municipal en relación a todos os expedientes e documentación municipal.
  • Pedir consulta popular nos termos previstos na Lei.

OS VECIÑOS ESTRANXEIROS

Ampliar Foto...
  

Os estranxeiros tamén poden ser veciños deMonforte de Lemos, inscribíndose no Padrón.

As condicións do empadroamento varían lixeiramente según a procedencia da persoa:


Cidadáns COMUNITARIOS

Son aqueles con nacionalidade de calquera dos 27 países integrantes da Unión Europea (clic na imaxe para ampliala), e poderán inscribirse no Padrón de Habitantes baixo as mesmas condicións que os españois. A súa inscrición no Padrón daralles ademais dereito a figurar no Censo Electoral para poder participar nas Eleccións Municipais (se existe convenio de reciprocidade a tal efecto co seu país de nacionalidade) e nas Eleccións ao Parlamento Europeo (sempre que teñan manifestado o seu desexo de votar en España).

Caducidade da inscrición padroal: Nun principio NON CADUCA NUNCA. Non obstante, sobre todo no caso de inscricións antigas, pode ser necesario que confirmen a súa residencia no municipio. Neste caso o Concello comunicaralle esta circunstancia POR ESCRITO ao domicilio que figura na inscrición padroal, dato que deben de ter convenientemente actualizado.


Cidadáns NON COMUNITARIOS

Son aqueles con nacionalidade de países non integrantes da Unión Europea, e tamén poden e deben de inscribirse no Padrón de Habitantes. A súa inscrición no Padrón daralles ademais dereito a inscribirse no Censo Electoral para poder participar nas Eleccións Municipais (se existe convenio de reciprocidade a tal efecto co seu país de nacionalidade) . .. . E importante lembrar que DEBEN DE INSCRIBIRSE NO CENSO ELECTORAL CADA VEZ QUE SE CELEBREN ELECCIÓNS MUNICIPAIS.

Caducidade da inscrición padroal: Se dispón de AUTORIZACIÓN DE RESIDENCIA PERMANENTE a inscrición padroal NON CADUCA NUNCA. En caso contrario, deberán renovar o seu empadroamento cada dous anos. Neste caso o Concello comunicaralle esta circunstancia POR ESCRITO ao domicilio que figura na inscrición padroal, dato que deben de ter convenientemente actualizado. 


Cidadáns estranxeiros con NACIONALIDADE ESPAÑOLA

Os cidadáns estranxeiros (comunitaros e non comunitarios) que teñan obtido a nacionalidade española, deben de presentar o DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE (DNI) nas oficinas do Padrón de Habitantes, para modificar os datos de tipo e número de documento e de nacionalidade. Dende o momento que teñan realizado este trámite, terán a plena condición de veciños españois (e dicir, deixarán de ser cidadáns estranxeiros).

Caducidade da inscrición padroal: Ao ser cidadáns españois, a inscrición padroal NON CADUCA NUNCA.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting