Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  15:55:13
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Visitar » Museos e centros de interese » No casco histórico

Museos e outros centros de interese no Casco Histórico


MUSEO DE ARTE SACRO DAS NAIS CLARISAS 

Ampliar Foto...

Sen dúbida, este é o museo máis destacado da cidade debido ao enorme valor da colección que alberga e que está considerada como unha das máis importantes de España. O convento foi fundado no século XVII polos VII Condes de Lemos e vicerreis de Nápoles, os que doaron a súa colección particular composta por obras españolas e italianas. Na actualidade, o convento alberga ás monxas de clausura da Orde das Franciscanas Descalzas. 

» ver ficha e plano

» saber máis: Documentación sobre as Clarisas (PDF)

 



PINACOTECA DOS ESCOLAPIOS 

Ampliar Foto...

Aínda que non de gran tamaño, esta pinacoteca destaca polo valor das obras que garda. Entre outras, hai dúas obras de El Greco: a Aparición da Virxe co Neno a San Lourenzo, e Fray León meditando sobre a morte. Tamén cinco táboas de Andrea del Sarto, dous óleos da escola compostelá e un retrato de Francisco Pacheco.

» ver ficha e plano

» saber máis: www.escolapiosmonforte.com

 


 

CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Ampliar Foto...

Este edificio construído no 1583 como hospital, despois de varias reformas e usos, converteuse nun dos grandes atractivos de Monforte, xa que no ano 2009 pasou a ser a sede do Centro do Viño da Ribeira Sacra. Conta cunha magnifica  exposición que o adentrará nos segredos do viño e da zona, sala de catas, tapería e unha espléndida tenda na que pode atopar os viños que se colleitan na Ribeira Sacra.  

» ver ficha e plano | » ver video

» saber máis: http://www.centrovino-ribeirasacra.com.

 


 

GALERÍA SARGADELOS

imagen...

As producións de Sargadelos sobresaen polo coidado artesán co que son fabricadas cada unha das súas pezas. Todas as súas vaixelas, figuras e xoias de porcelana dura están decoradas e rematadas a man despois de saír dos fornos das súas factorías en O Castro, Sada (A Coruña) e Sargadelos, Cervo (Lugo).

» ver ficha e plano

» saber máis: www.sargadelos.com

 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting