Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Xullo - 2017  |  2:41:56
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Visitar » Museos e centros de interese » Fóra do casco histórico

Fóra do casco histórico


MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA.

Ampliar Foto...

A historia de Monforte estará para sempre vencellada ao tren. Desde que no 1883, o rei Afonso XII inaugura a liña Madrid - A Coruña, o tren converteu a cidade nun importante nó ferroviario. Pero, desde mediados do século XX, Monforte perdeu este rango e agora podemos ver neste enorme obradoiro e cocheira, reconvertido en museo, coches e locomotoras de época así como as impoñentes instalacións nas que traballaba unha boa parte da poboación.

» ver ficha e plano

» saber máis: www.muferga.es

 


 

PAZO MUÍÑOS DE ANTERO 

imagen...

A súa función fundamental era a de centro de recadación das rendas do tabaco e outros impostos para a Corte; por este motivo, a casona tiña e conserva parte dun enxeñoso sistema de seguridade. O edificio é orixinal e distínguese doutros pazos galegos por unha peculiar arquitectura afrancesada e unha decoración pictórica italianizante das súas estancias.

» ver ficha e plano
» saber máis: www.pazomolinosdeantero.com

 


 

PAZO DE TOR

Ampliar Foto...

Para coñecer cómo era a vida nos pazos, a visita a Tor é obrigada, xa que é un dos pouquísimos en Galicia que conservan todo o seu mobiliario e obxectos. Aínda que a súa orixe se remonta ao século XIV, o edificio é do XVIII, de estilo barroco, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico. O edificio complétase con graneiros, adega, forno, cocheiras e as vivendas dos serventes.

» ver ficha e plano
» saber máis: www.museolugo.org

 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting