Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
29 - Agosto - 2014  |  12:00:41
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Excursións de 1 día » Artesania, viñedos e paisaxe

Viñas, cañóns do Sil e artesanía (Río Sil)


Está é unha viaxe ao corazón da Ribeira Sacra e ás magníficas paisaxes dos cañóns do Sil, que inclúe un cruceiro en catamarán, unha visita a unha alfarería que ven de recuperar unha tradición de séculos e oportunidades para catar excelentes viños de Ribeira Sacra e saborear unha gastronomía de calidade. 

1. Monforte de Lemos

Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cudade- fortaleza feudal, ó redor dun monasterio, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Ós pes do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento. Do perímetro da muralla, datada entre os séculos XIII al XV, todavía conservanse amplios tramos, dúas torres e tres portas de entrada á vila. Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, dende a súa cima divisase o val de Lemos surcado polo curso fluvial do Cabe. A vista e o atractivo que teñen os castelos, fan desta, unha parada obrigada.

 

 


2. Taller de Alfarería de Gundivós

Ampliar Foto...
Alfarería de Gundivós

Instalado nunha casa Reitoral e xunto a unha egrexia do 1750, está o Centro de cerámica de Gundivos, a cargo do alfareiro; Elias Prieto. Esta aldea ten unha longa tradición de alfareiría e ata fai  cincuenta anos había quince alfareiros que traballaban aquí. A emigración e o paso do tempo deron lugar a súa desaparición, pero Elias ten recuperado esta tradición. A particularidade desta cerámica ven dada pola forma de cocer a ceo aberto e non no forno. A cerámica preta resultante é moi diferente. A visita inclúe unha exposición de diversas clases de potes, un museo con exemplos de cerámica antiga e demostracións ao vivo. Está aberto durante todo o ano.

Tel: 626966280

Coordenadas GPS:  42°26'50.18"N   -   7°32'30.24"O


3. Doade. Adegas, gastronomía e catamarán

O viño producese na Ribeira Sacra desde a época romana pero foi nos últimos anos, coa introdución de novas prácticas e o traballo visionario dos adegueiros, cando acadou os eu maoior recoñecemento. As vides cultivanse en terrazas de pedra (socalcos)que soben case verticalmente desde o río ata o ceo. A inclinación fálanos da dificultade deste cultivo e da necesidade de facelo todo a man.

Coordenadas GPS: 42°24'54.10"N   -   7°28'48.44"O


4. Adega Algueira

Ampliar Foto...
Adega Algueira

Situada preto do centro de Doade, Algueira ten unha ampla gama de viños de clase superior baseados en uvas Mencía, Alvarello, Merenzao, e Caíño para os tintos e Godello, Loureiro, Alvariño e Treixadura para os blancos. O adegueiro; Fernando ten un espazo para as catas no medio da adega  e un vídeo onde se explica a historia da adega e o proceso de elaboración do viño.

Abre a diario e conta cun restaurante; no que non hai vistas ao río, pero sérvese unha cociña tradicional e deliciosa que merece una parada relaxada despois dun día de visitas. 

Reservas 9821522.

Coordenadas GPS:  42°25'4.62"N   -     7°28'28.24"O


5. Adega Regina Viarium

Ampliar Foto...
Adega Regina Viarium

Situada no alto dun monte desde o que podemos ver unhas impresionantes vistas dos cañons do Sil. Regina Viarium produce unha ampla gama de viños baseados nas uvas Mencia e Godello. Hai unha sala de catas e pódese visitar a adega.

Horario de VERAN: Diario a partir de 10:00h – 14:00h e de 16:00h a 20:00h INVERNO: De xoves a domingo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

Telefónos 986 442 073  y 619 009 777

Coordenadas GPS:  42°24'30.60"N    -    7°28'35.08"O


6. Club Fluvial de Doade

Ampliar Foto...
Club Fluvial Doade

No mesmo embarcadoiro do catamarán do río Sil emprázase unha cafetería na que poden probarse vinos da zona e tomarse un aperitivo. (Actualmente pechado por obras. Posible apertura Xaneiro 2012)  

Coordenadas GPS:  42°24'35.63"N   -    7°26'36.20"O

 

 


7. Os cañóns do Sil

Ampliar Foto...
Cañóns do Sil

Os cañóns do Sil son unha das razóns polas que moitos visitantes veñen ata a Ribeira Sacra. O río baixa encaixonado entre montañas das que colgan as vides e multitude de especies vexetais. Navegar polos cañóns do Sil en catamarán, será unha das experiencias máis impactantes desta excursión. 


Oficina Municipal de Turismo
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Festas Patronais 2014
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting