Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Maio - 2017  |  12:43:59
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Excursións de 1 día » Pazos, Viñas e Románico

Pazos, viñas e románico (Río Miño)


Está é unha viaxe que ten todos os ingredientes para unha auténtica experiencia de Ribeira Sacra. Inclúe visitas a unha casa señorial (Pazo), un fermoso mosteiro románico, fantásticas vistas do río Miño e da paisaje de ribera, unha viaxe en catamarán, adegas e gastronomía.

1. Monforte de Lemos

Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cudade- fortaleza feudal, ó redor dun monasterio, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Ós pes do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento. Do perímetro da muralla, datada entre os séculos XIII al XV, todavía conservanse amplios tramos, dúas torres e tres portas de entrada á vila. Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, dende a súa cima divisase o val de Lemos surcado polo curso fluvial do Cabe. A vista e o atractivo que teñen os castelos, fan desta, unha parada obrigada..


2. Pazo de Tor

Ampliar Foto...
P1zo de Tor

Para comprender a vida nos pazos galegos nada mellor que visitar Tor, posto que é uno dos poucos que ten conservado todos os seus mobles e artefactos orixinais. Aínda que a súa orixe data do século IX, é a partir do século XVIII cando se configura o actual edifico barroco. Todas as estancias conteñen valiosos obxectos  e conta con varios salóns, sala de música, cociña, dormitorios, cuartos dos criados, etc Ademais, os descendentes destes son os que dirixen a visita a este fermoso caserón.

Coordenadas GPS:  42°34'5.92"N    -      7°34'3.69"O


3. Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Ampliar Foto...
Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Miño
Fotografía: (CC By) Jose Antonio Gil Martínez

É unha das obras máis sobresaíntes do románico rural en Galicia. Foi construído o redor do ano 1200 nun paraxe de gran beleza sobre o río Miño. Recomendámoslle procurar un lugar na beira oposta do río desde onde poidan velo. No medio dunha densa masa de carballos aparece este mosteiro como flotando entre eles, é realmente fermoso ver esta imaxe no outono.

Coordenadas GPS:  42°37'4.31"N    -      7°42'24.57"O

 


4. Club Fluvial de Belesar e Restaurante

Ampliar Foto...
Club Fluvial de Belesar y Restaurante

Despois destas visitas chega o momento de tomar algo e nada mellor para relaxarse que o Club fluvial de Belesar. Emprazado na beira do río nunha pequena aldea de nome Belesar. Este lugar é perfecto para probar os famosos caldos de Ribeira Sacra, mentres contemplamos unha fantástica visita do río e  dos viñedos. Tamé pódese comer ou tapear, de luns a venres teñen un menú de 10€ e os fins de semana carta. Desde este lugar sae os catamaráns de pasaxeiros que percorren o Miño.

Coordenadas GPS:  42°35'34.11"N    -     7°43'31.12"O


5. Adega Vía Romana

Ampliar Foto...
Bodega Vía Romana

É unha adega familiar que foi fundada no século XVI aínda que reconstruída no 1998. Ten 13 hectáreas de viñedos e unha produción anual de 150.000 litros, dos que 2.200 madúranse en barrica de carballo. A uva que maiormente emprega, como toda a Ribeira Sacra, é a Mencía. A adega está no alto dun outeiro, xusto fronte ao Club fluvial e desfruta dunhas estupendas vistas.

Horario de visitas.
De Xuño a Setembro os Venres e sábados.
Resto do ano de Luns a Venres
 

Coordenadas GPS:  42°35'39.90"N    -     7°43'48.92"O


6. Adega Abadía da Cova

Ampliar Foto...
Bodega Abadía da Cova

unha adega familiar situada nun dos lugares máxicos da Ribeira Sacra: O Cabo do Mundo. A vista desde a sala de catas é unha das máis famosas e impresionantes. Ten 10 hectáreas de viñedos e unha produción anual de 300.000 litros de viño, dos cales 30.000 se envellecen. As variedades máis usadas son Mencía, Albariño e Arauxa. Está aberta durante todo o ano para visitas e catas, pero é necesario chamar previamente ao 982 452 031 ou escribir a  abadiadacova@adegasmoure.com

Coordenadas GPS:  42°33'58.08"N    -    7°40'37.15"O

 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting