Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.
Axudas para situacións de Emerxencia Social
Axudas económicas de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Para os efectos desta norma considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Axudas para situacións de Emerxencia Social Municipal
Máis información
Para máis información sobre estes trámites faga clic no Enlace Relacionado o pé desta páxina.