Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  15:59:25
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
C.I.M. » Información

CIM - Centro de Información á Muller


imagen...
O Concello de Monforte, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres, detecta as dificultades, necesidades e demandas diarias das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo a disposición destas, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades.

imagen...
O Centro de Información á Muller (CIM),  xestiona a programación da concellaría, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo.

Acción subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014-2020 segundo a Resolución do 8 de outubro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións ás entidades locais da Comunidade Autonóma de Galicia para a promoción da igualdade

 

imagen...
Quén atende o Centro? 

  • Unha Asesora Xurídica (Directora)
  • Unha Psicóloga 
  • Unha Técnica de Igualdade  

imagen...
Qué ofrece?

  • Servizo  de Asesoramento e Asistencia Psicolóxica.
  • Servizo de Asesoramento Xurídico a Mulleres.
  • Información de Servizos e Programas para Mulleres.
  • Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres

Pode ver unha descrición máis detallada destes servizos nos puntos ao respecto do menú da esquerda (sección Trámites de Igualdade).

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting