Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Xullo - 2017  |  18:36:38
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Promoción económica » Mercados de Monforte

Mercados de Monforte


Ampliar Foto...
Plano das instalacións - Clic para ampliar
O proxecto de Reforma Integral da Praza de Abastos de Monforte pretende impedir o continuado decrecemento da actividade comercial que dende hai anos vense producindo neste recinto. Coas actuacións que se levaron a cabo, o goberno municipal quere facer da Praza de Abastos centro estratéxico para a promoción do pequeno comercio e o eixo sobre o que xire a comercialización dos produtos tradicionais e artesanais de calidade. 

A remodelación deste espazo supón unha importante mellora en instalacións, e a modernización dos postos coa dotación dos últimos sistemas hixiénico-sanitarios e comerciais. As obras de remodelación solucionaron as deficiencias que presentaban estas instalacións e transformaron a Praza de Abastos nun lugar máis funcional, que contribuirá a dinamizar a actividade comercial que alberga. 

Ampliar Foto...
Recreación da cafetería - Clic para ampliar
A zona central do edificio acollerá o desenvolvemento de actividades que revitalicen o comercio tradicional na Praza de Abastos. Nesta área tamén se poñerá en marcha unha cafetería restaurante que, sen dúbida, creará novos postos de traballo e contribuirá a dinamizar a actividade dos postos de venda. 

Para o Concello de Monforte a Praza de Abastos é, nestes tempos de crise, un obxectivo prioritario, xa que Monforte é a capital turística e comercial da Ribeira Sacra e debe, polo tanto, estar á cabeza na aportación de ideas anovadoras que atraian a novos consumidores e que sirvan de acicate ao comercio local. 

Ampliar Foto...
Recreación dos Mercados - Clic para ampliar
Moitas Prazas de Abastos están hoxe a ser transformadas en novos espazos de comercialización ligados ao turismo. En Monforte, coa incorporación deste espazo temático e nun futuro próximo coa apertura do Espazo Gastronómico, pretendemos sumarnos a ese esforzo que outras cidades están a facer e ser os pioneiros en Galicia deste tipo de proxectos. 

Animamos a comerciantes, asociacións, colectivos e veciños en xeral, a facer propostas e a pór en marcha mercados, que reforcen a actividade comercial e turística da cidade, nos que se coide especialmente a calidade, a orixinalidade, a presentación e a atención ao público. 

imagen...
MERCADOS DE MONFORTE debe ser no futuro unha marca coñecida e recoñecida en toda Galicia e con ese fin poremos en marcha periódicamente campañas de promoción que irán acompañadan da celebración de distintos mercados temáticos. Faga clic no logotipo para máis información.

Os comerciantes interesados en participar nestas campañas de promocións, poden pórse en contacto coa Concellería de Promoción Económica nas oficinas emprazadas nas Casitas da Compañía ou chamando ao teléfono 982 88 47 75. 

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting