Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Maio - 2017  |  18:40:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Presentación » Que son as TIC

Que son as TIC?


imagen...
Hoxe en día  a formación en novas tecnoloxías é básica para o cidadán. Día a día vemos como o acceso a unha grande cantidade de servizos precisan de coñecementos básicos en este apartado. Por eso, o Concello de Monforte de Lemos quere ofrecer á cidadanía a posibilidade de se formar neste ámbito.

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tamén coñecidas como TIC, son o conxunto de tecnoloxías desenvolvidas para xestionar información e enviala dun lugar a outro. Abarcan un abanico de solucións moi amplo. Inclúen as tecnoloxías para almacenar información e recuperala despois, para enviar e recibir información dun sitio a outro, ou para procesar información para poder calcular resultados e elaborar informes.

Si elaborásemos unha lista cos usos que facemos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación sería prácticamente interminable:

  • Internet de banda ancha
  • Teléfonos móbiles de última xeración
  • Televisión de alta definición

Estes son algúns dos avances que nos resultan máis cotiáns. Pero hai moitos máis:

  • Códigos de barras (e ultimamente códigos QR) para xestionar acceso a contidos diversos.
  • Bandas magnéticas e chips integrados para operar con seguridade coas tarxetas de crédito 
  • Cámaras dixitais
  • Etc.

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación están presentes nas nosas vidas e case sen darnos conta, transformárona.

De onde saíron, ... de onde veñen as TIC?

Esta revolución foi propiciada pola aparición da tecnoloxía digital. A tecnoloxía digital, unida á aparición de ordenadores cada vez máis potentes, permitiu á humanidade progresar moi rápidamente na ciencia e a técnica despregando noso arma máis poderosa: a información e o coñecemento.

Hoxe en día é imposible atopar un só lugar dedicado a investigar a ciencia e evolucionar a técnica que non dispoña dos mellores e máis sofisticados dispositivos de almacenamiento e procesado de información.

De seguido iremos ofrecendo información acerca das posibilidades de formación en TIC's, e tamén sobre aqueles aspectos destas últimas que xa se poden utilizar no Concello de Monforte de Lemos.

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting