Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Maio - 2017  |  12:42:59
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Convocatorias » CODIX

CODIX - Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática


imagen...
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

imagen...
Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:

  1. Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).
  2. Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro)

imagen...
Para facilitar o acceso aos coñecementos necesarios para superar o exame libre, a Oficina CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación EMA  os contidos do curso na modalidade de autoformación.

Se queres coñecer máis información polo miúdo, podes consultar as resolucións publicadas nos boletíns oficiais sobre a materia, que tes ao teu dispor nos Enlaces relacionados ao pé destas liñas. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting