Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Xullo - 2017  |  18:44:11
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Histórico de Actividades » Liga Fútbol 7 2015-2016

Liga Municipal de Fútbol 7 - Tempada 2015-2016


Está aberto o prazo para a inscrición na Liga Municipal de Fútbol 7 para a tempada 2015-2016,  que organiza o Concello de Monforte de Lemos en colaboración coa Asociación Deportiva Veteráns de Monforte.

O método de inscrición estrutúrase do seguinte xeito:

PRAZO DE PREINSCRICIÓN DE EQUIPOS: Ata o día 25 de setembro de 2015.

Para realizar a PREINSCRICIÓN na Liga Municipal de Fútbol 7 2015/2016, cada equipo deberá presentar o formulario/modelo denominado Preinscrición de equipos que está dispoñible na Documentación adicional ao pé destas liñas, debidamente cuberto.

ONDE SE PRESENTA este formulario:

  • Na Oficina Municipal de Deportes en horario de 09:00 a 14:00 horas (de luns a venres). 
  • No Campo Municipal Luis Bodegas en horario de 18:00 a 22:00 horas (de luns a venres).

REUNIÓN INFORMATIVA

O luns 28 de setembro terá lugar unha reunión informativa no Pavillón Municipal da Pinguela ás 20:30 horas con todos aqueles equipos que teñan feita a preinscrición.

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE INSCRICIÓN: do 29 de setembro ó 9 de outubro de 2015.

Para formalizar a INSCRICIÓN é necesario realizar os seguintes trámites:

  1. Abono da inscrición.
  2. Entrega da seguinte documentación: 
  • Formulario/modelo denominado Inscrición de xogadores que está dispoñible na Documentación adicional ao pé destas liñas, debidamente cuberto.
  • Formulario/modelo denominado Solicitude de licenzas que está dispoñible na Documentación adicional ao pé destas liñas, debidamente cuberto. É necesario entregar un modelo de solicitude de licenza por cada xogador acompañado dunha copia do seu DNI.
  • Fichas: Cada xogador deberá entregar unha ficha cuberta acompañada dunha foto tamaño carnet. No caso de xogadores que tramitaran a súa ficha para a tempada 2014-2015 é suficiente con selar a renovación para a tempada 2015-2016, sempre e cando xoguen no mesmo equipo que a tempada pasada. As fichas poderanse recoller na Oficina Municipal de Deportes ou ben no Campo Municipal Luis Bodegas.

ONDE SE PRESENTA esta documentación:

  • Na Oficina Municipal de Deportes en horario de 09:00 a 14:00 horas (de luns a venres). 
  • No Campo Municipal Luis Bodegas en horario de 18:00 a 22:00 horas (de luns a venres).

SORTEO E PUBLICACIÓN DO CALENDARIO: Entre os días 12 e 16 de outubro de 2015.

INICIO DA COMPETICIÓN: Será o luns día 19 de outubro de 2015.

NOTA IMPORTANTE:  É obrigatorio que todos os equipos entreguen a totalidade da documentación que se require. De non se así a organización poderá aprazar o inicio da competición ata que tódolos equipos participantes teñan entregada a documentación solicitada.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting