Axudas para PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO
tamaño:116,67 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioO92-290616-0002_gl.html

Axudas para REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E/OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS
tamaño:252,48 Kb.  formato:    Descargar Documento
ORDE do 20 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como dos transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, e se abre a súa convocatoria para o ano 2016

Subvención para CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE ENERXIAS RENOVABLES
tamaño:110,56 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016.

Subvencións do PROGRAMA ALUGA
tamaño:104,59 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do programa Aluga, no exercicio 2016.

Subvencións do PROGRAMA DE APOIO Á IMPLANTACIÓN DO INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS PLAN ESTATAL 2013-2016
tamaño:115,63 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
Bases reguladoras das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 9 de marzo de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 163, do 6 de abril.

Subvencións do PROGRAMA DE FOMENTO DA REHABILITACIÓN EDIFICATORIA PLAN ESTATAL 2013–2016
tamaño:119,41 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
Bases reguladoras das subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 10 de xullo de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 21 de xullo.

Subvencións do PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA
tamaño:99,77 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual.

Subvencións para CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA
tamaño:111,27 Kb.  formato:    Descargar Documento
RESOLUCIÓN 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Subvencións para CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA A PARTICULARES
tamaño:106,42 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR)de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016(IN417H, INA17I)

Subvencións para PAGO DA FACTURA ELECTRICA (TICKET ELECTRONICO SOCIAL DE GALICIA)
tamaño:104,63 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN414A).

Subvencións para RENOVACIÓN DE ASCENSORES
tamaño:105,81 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores) e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN532A).

Subvencións para RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON LOUSA
tamaño:103,65 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN314A).

Subvencións para RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA
tamaño:99,91 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN423B).

Subvencións para RENOVACIÓN DE FACHADAS
tamaño:105,01 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN316A).

Subvencións para RENOVACIÓN DE FIESTRAS
tamaño:105,21 Kb.  formato:.PDF    Descargar Documento
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (códigos de procedemento IN412A-IN412B).