SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

En consonancia co papel de promoción da lingua propia de Galicia, o galego, que lles corresponde ás Administracións, o Concello de Monforte de Lemos conta entre as súas áreas coa de Normalización Lingüística.

A área de normalización lingüística do Concello de Monforte de Lemos, de acordo con disposicións autonómicas, desenvolve as súas funcións nos ámbitos de: funcións internas, funcións de dinamización lingüística, funcións de formación sociolingüística e funcións de coordinación.

O seu obxectivo principal, en consonancia coas sinaladas disposicións autonómicas (Orde do 5 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria) é o de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.

Entre as funcións da área de normalización lingüística de Monforte de Lemos están as seguintes:

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Impartir cursos de formación en lingua galega.
  • Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación e recursos bibliográficos.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.

Concello de Monforte de Lemos

Área de Normalización Lingüística

Campo de Santo Antonio, s/n
27400 Monforte de Lemos - Lugo

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria