Avisos

AVISOS: DÍA A DÍA DO CORONAVIRUS EN MONFORTE DE LEMOS

DÍA 22 DE OUTUBRO 2020

DECRETO SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

DECRETO MODIFICACIÓN PROTOCOLO USO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

DECRETO MODIFICACIÓN PROTOCOLO USO PISCINA MUNICIPAL E XIMNASIO

 

DÍA 9 DE SETEMBRO 2020

DECRETO REAPERTURA PISCINA MUNICIPAL

 

DÍA 2 DE SETEMBRO 2020

DECRETO SUSPENSIÓN FEIRA DÍA 6 DE SETEMBRO 2020

 

DÍA 21 DE AGOSTO 2020

DECRETO PECHE PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIÓNS ANEXAS

DECRETO SUSPENSIÓN CAMPUS DE BALONCESTO

DECRETO SUSPENSIÓN ACTIVIDADE CAMPUS DE VOLEIBOL

 

DÍA 20 DE AGOSTO 2020

DECRETO SUSPENSIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN MONFORTE

DECRETO SUSPENSIÓN FEIRA MONFORTE DÍA 24 DE AGOSTO

 

DÍA 19 DE AGOSTO 2020

DECRETO SUSPENSIÓN FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE 2020

 

DÍA 3 DE AGOSTO 2020

DECRETO RESOLUCIÓN AXUDAS PLAN REACTIVA (19 DE MAIO)

 

DÍA 14 DE XULLO 2020

DECRETO DE NON AUTORIZACIÓN PARA A INSTALACIÓN DO MERCADILLO DO PARQUE DOS CONDES

DECRETO PROTOCOLO DE USO DA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL E XIMNASIO DENDE O DÍA DA SÚA REAPERTURA TRAS O PECHE MOTIVADO POLA CRISIS DA COVID-19

 

DÍA 6 DE XULLO 2020

DECRETO LEVANTAMENTO SUSPENSIÓN DE TAXAS

 

DÍA 30 DE XUÑO 2020

DECRETO APERTURA PISCINA MUNICIPAL DE MONFORTE

 O Alcalde de Monforte anuncia a reapertura da piscina municipal, dentro da Nova Normalidade ante o COVID-19

 

DÍA 23 DE XUÑO 2020

DECRETO REINICIO ACTIVIDADE EN DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

O Alcalde anuncia a apertura do prazo para solicitar as axudas do Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos de Monforte

 

DÍA 19 DE XUÑO 2020

DECRETO USO PISTAS MUNICIPAIS DE ATLETISMO NOVA NORMALIDADE

O Alcalde de Monforte informa das novas condicións de uso das Pistas Municipais de Atletismo, dentro da Nova Normalidade ante o COVID-19

 

DÍA 18 DE XUÑO 2020

DECRETO BIBLIOTECA NOVA NORMALIDADE

DECRETO CEMITERIO NOVA NORMALIDADE

O Alcalde de Monforte informa das condicións de uso da Biblioteca e do Cemiterio municipais na Nova Normalidade ante o COVID-19

 

DÍA 16 DE XUÑO 2020

DECRETO REAPERTURA PAVILLÓN A PINGUELA

DECRETO APROBACIÓN NORMAS INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN 2020 E CAMPUS FÚTBOL CIDADE MONFORTE

 

DÍA 28 DE MAIO 2020

DECRETO NOVOS PRAZOS GARDERÍA

 

DÍA 27 DE MAIO 2020

  DECRETO REINICIO SESIÓNS ÓRGANOS COLEXIADOS

 

DÍA 26 DE MAIO 2020

DECRETO FASE 2 CEMITERIO

DECRETO FASE 2 BIBLIOTECA

 

DÍA 22 DE MAIO 2020

DECRETO REAPERTURA PISTAS ATLETISMO

 

DÍA 19 DE MAIO 2020

O Concello reparte 12.000 mascarillas ós comerciantes e hostaleiros de Monforte

 

DÍA 13 DE MAIO 2020

 DECRETO REAPERTURA BIBLIOTECA

Plan: Reactiva Monforte

 DECRETO BASES PLAN REACTIVA

Toda a información sobre o Plan: Reactiva Monforte aquí

 

DÍA 10 DE MAIO 2020

 DECRETO MEDIDAS ATENCIÓN Á CIDADANÍA

 O Alcalde informa das medidas relativas á atención á cidadanía do Concello de Monforte

 DECRETO APERTURA CEMITERIO

 O Concello informa de que o Cemiterio Municipal de Monforte volverá a abrir as súas portas mañá luns día 11

 

DÍA 9 DE MAIO 2020

 PLAN: REACTIVA MONFORTE: O Alcalde informa ós sectores económicos e produtivos de Monforte da maior axuda económica que se fixo nunca dende o Concello

 DECRETO LEVANTAMENTO DE SUSPENSIÓN DO TRANSPORTE URBANO DE MONFORTE

 O Concello volve a poñer en marcha o Autobús Urbano de Monforte dende o próximo luns día 11

 

DÍA 7 DE MAIO 2020

 DECRETO INCORPORACIÓN Ó POSTO DE TRABALLO, TRABALLADORES CONCELLO DE MONFORTE

O persoal do Concello de Monforte incorporarase ó traballo presencial a partir do vindeiro luns 11 de maio

 

DÍA 5 DE MAIO 2020

 DECRETO LEVANTAMENTO SUSPENSIÓN DE FEIRAS

 O Alcalde anuncia que a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte abrirá mañá para a venda exclusiva de produtos agroalimentarios e con redución de aforos e postos

 

DÍA 1 DE MAIO 2020

 O Concello conclúe o reparto de 70.000 mascarillas sanitarias ós veciños de Monforte

 

DÍA 28 DE ABRIL 2020

 DECRETO SUSPENSIÓN TAXAS QUIOSCOS

 

DÍA 27 DE ABRIL 2020

 O Concello de Monforte inicia o reparto de 70.000 mascarillas sanitarias a todos os monfortinos censados

 

DÍA 25 DE ABRIL 2020

 O Alcalde de Monforte anuncia o reparto a partir deste luns de mascarillas sanitarias a todos os monfortinos censados

​ BANDO ALCALDE DE MONFORTE REPARTO DE MASCARILLAS

 

DÍA 23 DE ABRIL 2020

 O primeiro Pleno Extraordinario telemático do Concello de Monforte poderá seguirse este venres por streaming

 

DÍA 22 DE ABRIL 2020

 O Alcalde bonifica ata o 95% das taxas dos taxis e dos postos da Praza de Abastos de Monforte

 DECRETO REDUCIÓN TAXA TAXIS E POSTOS PRAZA DE ABASTOS

 DECRETO SUSPENSIÓN PAGOS CAFETERÍA CENTRO CÍVICO E TAPERÍA CENTRO DO VIÑO

 DECRETO SUSPENSIÓN PAGOS CAFETERÍA CAMPO MUNICIPAL LUIS BODEGAS

DÍA 20 DE ABRIL 2020

 O Pleno da Corporación de Monforte celebra o próximo venres unha reunión extraordinaria

 

DÍA 18 DE ABRIL 2020

 O Concello de Monforte compra 72.000 mascarillas para o persoal propio e para distribuír ós monfortinos

 

DÍA 12 DE ABRIL 2020

 O Concello de Monforte acorda aprazar ás honras á Virxe de Montserrat

 

DÍA 8 DE ABRIL 2020

 Parálisis temporal procesos selectivos catro auxiliares policía local e enfermeira Instituto Municipal de Drogodependencias por mor do COVID-19

 O Alcalde de Monforte apraza o pago de impostos

 DECRETO APRAZAMENTO PRAZOS LIXO 1º BIMESTRE E IVTM 2020

 

DÍA 7 DE ABRIL 2020

 O Concello de Monforte pon en marcha un servizo de impresión de materiais escolares para estudantes empadroados na cidade

 DECRETO IMPRESIÓN DE DOCUMENTOS ESTUDANTES MONFORTE

 INSTRUCCIÓNS IMPRESIÓN DOCUMENTOS ESTUDANTES

 

DÍA 6 DE ABRIL 2020

Persoal do Concello de Monforte achégase ata o Poboado Xitano de As Lamas para entregar material hixiénico e de protección ante o COVID-19

 O Alcalde de Monforte solicita que na nova desinfección da Unidade Militar de Emerxencias (UME) se inclúa o Poboado Xitano de “As Lamas” e a residencia “Abrente”- Prodeme

 

DÍA 4 DE ABRIL 2020

 O Concello de Monforte súmase á campaña contra a violencia de xénero impulsada polo Ministerio de Igualdad, por mor da situación de crise do Covid-19

 

DÍA 2 DE ABRIL 2020

 O Alcalde de Monforte solicita á Subdelegada do Goberno en Lugo unha nova desinfección da Unidade Militar de Emerxencias (UME)

 

DÍA 1 DE ABRIL 2020

 O Concello fai entrega de material de protección á empresa FEPAS e ó Hospital Comarcal ante o COVID-19

 

DÍA 31 DE MARZO 2020

 O Concello fai entrega ó Hospital de Monforte de material de protección ante o COVID-19

 

DÍA 28 DE MARZO 2020

O Concello de Monforte fai entrega ó Asilo de anciáns de diverso material de protección ante o COVID-19

 

DÍA 25 DE MARZO 2020

 DECRETO SUPLEMENTO DE CRÉDITO

 DECRETO TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

 

DÍA 24 DE MARZO 2020

 A UME desinfecta en Monforte os principais centros de concentración de persoas con risco especial ante o Coronavirus, tras ás xestións levadas a cabo polo Alcalde coa Subdelegada do Goberno

 O Alcalde de Monforte aproba unha ampla batería de medidas sociais ante a crise do Covid-19

 

DÍA 17 DE MARZO 2020

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte segue a tomar medidas en relación coa crise do COVID-19.

Deste xeito, na mañá de hoxe, o Alcalde da cidade, José Tomé Roca, transmitiu ós empregados municipais a orde de apagar todas as fontes públicas da cidade, en concreto o “geyser” do Parque dos Condes, a fonte da Compañía, a fonte cibernética (próxima ás Casitas) e a fonte da Estación.

Esta medida adóptase por varios motivos. En primeiro lugar porque, debido á prohibición de transitar pola rúa salvo para aquelas actividades determinadas polas autoridades competentes, o fin ornamental e lúdico que posúen ditas fontes carece de sentido. Do mesmo xeito, con esta medida tamén se contribúe a evitar consumos indebidos e innecesarios de auga, á vez que se evitan posibles traballos de mantemento ou reparación destas instalacións. Trátase, en definitiva, propiciar un aforro enerxético en instalacións que, nestes momentos de crise, perden a súa función.

Instalacións deportivas municipais

Na mesma liña, o Alcalde tamén informa dos mantementos das diversas instalacións deportivas municipais que, por mor da crise do COVID-19, suspenderon a súa actividade habitual.

No caso do Campo de fútbol de A Pinguela, por ser este campo de céspede natural, é necesario seguir co seu mantemento habitual, polo que seguirá procedéndose ó seu corte e regado, a fin de que non se deteriore o seu estado.

Polo que atinxe o Campo de fútbol Luís Bodegas, por contar con céspede artificial, o mantemento é menor e non require tantos coidados, unha vez que non é utilizado no día a día.

Na Piscina municipal, que tamén cesou a súa actividade habitual, levarase a cabo un mantemento mínimo pero necesario, a fin de que a maquinaria que posúe non se deteriore por mor da inactividade.

Finalmente, o Pavillón municipal de A Pinguela, non require dun mantemento específico mentres dure o peche das súas instalacións.

Con estas medidas, o Equipo de Goberno do Concello de Monforte, en verbas do seu Alcalde “segue a traballar, nestes momentos de crise xerada polo COVID-19, preservar nas mellores condicións posibles aquelas instalacións e servizos que nos vemos obrigados a deixar de ofrecer mentres duren as medidas determinadas polo Goberno do Estado.”

 

DÍA 16 DE MARZO 2020

 DECRETO SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS ESENCIAIS 16 MARZO 2020

 

DÍA 15 DE MARZO 2020

 DECRETO SUSPENSIÓN ÓRGANOS COLEXIADOS 15 MARZO 2020

 

DÍA 13 DE MARZO 2020

Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2020. O Concello de Monforte de Lemos comunica a toda a cidadanía o Decreto de Alcaldía derivado da situación do Coronavirus:

 DECRETO CORONAVIRUS MONFORTE DE LEMOS 13 MARZO 2020

Dada a situación sanitaria na que nos encontramos e, como complemento as medidas acordadas polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia, é preciso tomar decisións que afectan o ámbito estrictamente municipal, en relación co coronavirus COVID-19, e por elo, que con base no disposto no art. 21 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e do art. 61 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Alcalde de Monforte de Lemos resolve a adopción das seguintes medidas no ámbito do Concello de Monforte:

 

INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
Todas as instalacións municipais pecharanse a partir do día 14 de marzo de 2020. A atención presencial ao público quedará restrinxida a aqueles trámites urxentes, sempre previa cita, que deberá solicitarse no teléfono 982402501.
Polo tanto permanecerán pechadas ao público as seguintes dependencias municipais de uso grupal: Conservatorio de Música, Edificio Multiusos, Biblioteca Municipal, Casa da Cultura, Centro Cívico, Parques públicos, Instalacións Deportivas municipais, Obradoiro de emprego, Piscina municipal e Escola Infantil Municipal.
En cuanto á Praza de Abastos suspéndese todo tipo de actividade administrativa. En canto á actividade comercial a decisión será tomada por cada un dos concesionarios tendo en conta as medidas que, en dita materia, adopten as autoridades sanitarias.
Polo que atinxe ao Centro de Día e ó Centro de Drogodependecias, seguiranse as medidas que neste ámbito adopten ás Consellerías afectadas da Xunta de Galicia, dentro do seu ámbito competencial.

Actividade administrativa: Polo que se refire a actividade administrativa, tanto na Casa do Concello como no caso das dependencias de Deporte, Consumo, Promoción Económica e Oficina de Rehabilitación, ubicadas todas elas nas “Casitas” da Compañía, manteranse abertas as dependencias de atención ao público, pero con atención mediante o sistema de cita previa en todas as unidades, e solicítase da cidadanía que acudan as mesmas só en caso de estrita necesidade, priorizando a atención telefónica.

En calquera caso deberanse evitar, na medida do posible, as reunións de traballo, utilizándose, se procede, o sistema de vídeo conferencia. Naqueles supostos nos que sexa imprescindible a realización das devanditas reunións, terase en conta as recomendacións, especialmente no referido á distancia a gardar entre os asistentes, feitas polas autoridades competentes en materia de Saúde Pública. Igualmente seguiranse estas recomendacións no desempeño do traballo habitual.
Recórdase aos empregados públicos municipais a necesidade de cumprir estritamente as recomendacións que as autoridades sanitarias teñen realizado, especialmente ao mantemento das distancias, para evitar a propagación do
coronavirus COVID-19. Favorecerase a conciliación laboral e poñerase, sempre que sexa posible, os medios necesarios para a realización do teletraballo. En calquera caso evitarase as viaxes de traballo, salvo que sexan absolutamente imprescindibles.

Actividades deportivas, culturais e sociais: Queda suspendida a celebración de calquera tipo de actividade deportiva, cultural e social. Os organizadores das mesmas deberán decidir a súa anulación, ou, polo contrario, adiar a data de dita celebración.
Polo que respecta ao ámbito municipal quedan suspendidas as seguintes actividades: Carreira Popular, Feira Medieval, Actividades do Programa Activa, os Mercados Municipais da Praza de Abastos e o Mercadillo que se celebra no Parque dos Condes así como as Feiras que se celebran no mercando gandeiro.
Igualmente quedan suspendidas as actividades das Escolas Deportivas Municipais e as clases do Conservatorio de Música.
Igualmente e de acordo co disposto pola Consellería de Educación, referente á suspensión das actividades docentes en centros educativos, suspenderanse as actividades lectivas a partir do día 16 de marzo de 2020, por un período de 14 días, podendo ser prorrogado de acordo coa evolución das circunstancias de saúde pública.

S.A.F.
En relación ca prestación do S.A.F., a empresa concesionaria do mesmo deberá estremar as medidas de seguridade das traballadoras que prestan os seus servicios, co obxecto de alcanzar a máxima protección, tanto delas mesmas, como dos usuarios e usuarias do servizo. A tal efecto deberá de facilitar os E.P.I. (louvas, mascarillas, etc.) para que o servizo sexa prestado e recibido nas mellores condicións de seguridade.

RECOMENDACIÓNS XERAIS
Recórdase a toda a poboación en xeral, e aos empregados públicos municipais en particular, a necesidade de cumprimento, en beneficio de todos, das recomendacións feitas polas autoridades competentes en materia de Sanidade Pública.

ESTA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA ENTRARÁ EN VIGOR AS 00:00 HORAS DO DIA 14 DE MARZO E MANTERASE ATA O DIA 30 DE MARZO, SALVO QUE AS CIRCUNSTANCIAS ACONSELLEN OUTRAS MEDIDAS, QUE DE SELO CASO SERÍAN COMUNICADAS.