PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE

Do 1 de xullo ó 30 de setembro o río Cabe será escenario dunha interesante e ao mesmo tempo divertida e refrescante proposta no verán da cidade: PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE.

Os Paseos en Barca polo Río Cabe xa son durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro un referente na programación cultural da cidade e grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época.

Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo dentro das actividades culturais de verán en Monforte: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral.

Poderanse alugar barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes de luns a domingo cos seguintes horarios:
Luns a venres, tardes de 17:00 a 21:00 h
Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 a 21:00 h

O prezo por viaxe de media hora é de 3,25€.

Debido á covid-19 seguirase a normativa sanitaria que haxa en cada momento.

Normas de seguridade dos paseos en barca:

  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas se son solicitados
  • Seguir en todo momento as instrucións do persoal encargado

A actividade Paseos en Barca polo Río Cabe está organizada polo Concello de Monforte de Lemos en colaboración co Clube de Piragüismo Quixós.