REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS -MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2021

 

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2021.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a cinco representacións de compañías profesionais dirixidas ó público adulto e representaranse de xaneiro a Maio.

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación Adultos:
-O MEL NON CADUCA de IBUPROFENO TEATRO /xoves 25 de febreiro     
-MACBETH. O RUÍDO E A FURIA de ESTUDO MOMENTO /xoves 11 de marzo ás 20:00 h
-FEMINÍSSIMAS da compañía  DE STE XEITO /xoves 25 de marzo ás 20:15 h
-A LINGUA DAS BOLBORETAS da compañía  SARABELA TEATRO /xoves 22 de abril ás 20:15 h
-O MOZO DA ÚLTIMA FILA de REDRUM TEATRO /xoves 27 de maio   

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos ás 20:15 h, o prezo da entrada será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

  • Entrada ata completar o aforo seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.  
  • A venda de entradas realizarase dende as 19:15 h  
  • A entrada ó salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.