Teatro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, Teatreir@s con "Cumprimento de contrato", sábado 20 de outubro ás 20:00 h

cartel teatrei@s

 

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado 20 de outubro unha representación teatral con entrada libre e gratuita. Representación que poñerá en escena o grupo monfortino de teatro “TEATREIR@S”.

O espectáculo, que leva por título “Cumprimento de contrato” é unha representación que encherá de bo teatro a Casa da Cultura de Monforte a partir das 20:00 horas.

Esta obra teatral está incluida na programación do PROXECTO TEATRAL AFECCIONADO BUXIGANGA, da Deputación de Lugo.

Cumprimento de contrato baixo a dirección de Paqui Abeledos nos mete nun mundo onde dúas testemuñas observan o complexo contrato que se establece entre un home e un asasiño a soldo, ao que se lle encarga "liquidar" á muller do contratante ...

Teatreir@s, é un grupo de teatro que xurdíu hai case 20 anos no contexto das actividades de tempo libre para persoas maiores que se organizaban desde os Servizos Sociais do Concello de Monforte. Hoxe o grupo formado por 16 actores e actrices está constituido dentro dunha asociación de teatro afeccionado.