O barrio de As Lamas comanda a clasificación do Premio de Medio Ambiente

A concellería de servizos municipais fai públicos os datos referidos á puntuación que outorgaron técnicos municipais e da empresa concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria para valorar as boas prácticas en canto á limpeza e á recollida de lixo entre os diferentes barrios que se presentaron ó Premio de Medio Ambiente. Trátase dun concurso convocado polo Concello para elixir, entre os dezaseis participantes, o barrio máis limpo da cidade.

 

O pasado luns día 7 de maio comezaron o control destas boas prácticas, percorrendo os barrios e asignando as puntuacións segundo os baremos establecidos nas bases do concurso. Valóranse diversos aspectos referidos á limpeza viaria cun total de 40 puntos (ausencia de excrementos, cabichas ou envoltorios nas rúas, utilización das papeleiras, etc), así como outros referidos á recollida de lixo cun total de 60 puntos (correcta selección nos colectores de reciclaxe, presentación do lixo nos cubos e colectores de residuos orgánicos, ausencia de bolsas de lixo antes da colocación dos cubos).

 

Na primeira semana de valoración o barrio de As Lamas encabeza a clasificación cun total de 85 puntos sobre un máximo de 100. O Fabeiro e Ramberde ocupan a segunda posición con 80 puntos.

 

Rioseco, San Vicente, O Casar, Abeledos, e A Estación, completan, por este orde, os oito primeiros postos da clasificación na primeira semana de valoración.

 

O concurso realizarase durante todo o mes de maio e os barrios participantes son os seguintes:

 

Abeledos, Cobas, A Pinguela, O Casar, Ramberde, Río Seco, Estación, Val de Lemos, A Florida, San Vicente, Carude, Os Chaos, As Lamas, Fabeiro, O Morín e Reboredo.

 

Xúntase documento especificando a puntuación dos diferentes criterios de

Valoración.