O Alcalde inaugura o novo espazo expositivo da Praza de Abastos e o Mercado de produtos con D.O. Lugo

O Alcalde, acompañado polas concelleiras de Promoción Económica e Cultura, visitou esta mañá o novo espazo expositivo da Praza de Abastos, lugar onde se desenvolve o Mercado de Produtos con D.O. Lugo.

 

Severino Rodríguez explicou cal é a intención do proxecto levado a cabo na Praza de Abastos, falou da utilidade e o destino dos espazos dun renovado edificio, e solicitou a implicación do sector comercial e da cidadanía para obter o maior rendemento deste espazo. O Alcalde agradeceu a participación dos expositores neste primeiro Mercado e manifestou a súa satisfacción polas impresións que estes lle transmitiron nas conversas que mantivo con cada un deles.

 

Neste mercado póñense á venda produtos que teñen unha denominación ou indicación xeográfica recoñecida e produtos ecolóxicos. Trátase de produtos de calidade elaborados ou colleitados na provincia de Lugo.

 

O horario de atención ó público será de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., hoxe luns e mañá martes día 14.

 

Nesta cita participan un total de trece expositores vendedores que son os que a continuación se detallan:

D.O. Ribeira Sacra: adegas Algueira, Pena das Donas e Guímaro

D.O. San Simón da Costa: queixería Don Gabino

D.O. Queixo Tetilla: Queserías Sarrianas

D.O. Arzúa – Ulloa: queixería Casa Meilán

D.O. Queixo do Cebreiro: Marqués de Cernadas

I.X.P. Castaña de Galicia: marmelada de castañas Caurelor

I.X.P. Mel de Galicia: Mel do Castro e Cañón do Sil

I.X.P. Augardente de Galicia: augardente e licores Augavella

ECOLÓXICO: zumes e marmeladas Tuto Fruta

ECOLÓXICO: café de Cafés Conti

 

O Mercado está organizado polo Concello de Monforte e patrocinado pola Área de Turismo da Deputación de Lugo.