O embarcadoiro da Deputación de Lugo acolle este sábado, 4 de agosto, a saída da travesía a nado La Heroica

1 de agosto de 2018. O embarcadoiro da Deputación de Lugo, en terreos de Monforte, acolleu a presentación da travesía La Heroica, que se vai desenvolver este próximo sábado, 4 de agosto.

 

O Alcalde, José Tomé, destacou que “a celebración de eventos deportivos coma este é moi positiva, posto que teñen un retorno para Monforte e para tódolos concellos da Ribeira Sacra”. O mandatario local engadiu que “con La Heroica contribuímos a dar a coñecer toda a nosa riqueza paisaxística, esta terceira edición consolídase como o evento de referencia de aguas abertas nesta zona”.

 

 

A competición comezará ás 16 horas, dende o propio embarcadoiro.

 

Haberá unha de 600 metros, outra de 2.500 e unha terceira de 5.000 metros.

 

Ás 20 horas retiraranse a tódolos nadadores que queden na auga.

 

Cómpre destacar que dende a organización do evento deportivo indican que non vai ser posible estacionar no embarcadoiro, e que os vehículos deberán deixarse en Doade. Dende as 12:30 horas, haberá buses lanzadeira.