A Casa da Cultura de Monforte acolle mañá unha campaña educativa itinerante sobre xestión de residuos

Lugar: 
Casa da Cultura de Monforte de Lemos
Actividad: 
Exposición e charla sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario
Fecha: 
martes, Xullo 2, 2019 - 10:00 a 14:00

Monforte de Lemos, 1 de xullo de 2019. A Casa da Cultura “Poeta Lois Pereiro” de Monforte acolle mañá unha campaña educativa itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario, da Xunta de Galicia, e que conta coa coordinación da concellería de Medio Ambiente.

A campaña consiste en dous tipos de actuacións:

Exposición

A exposición itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos consta de 7 paneis tipo roll-up de 120 cm de ancho e 205 de alto sobre xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular, acompañada por unha pantalla con proxección de información audiovisual.

A exposición estará dispoñible ao público en horario de 10:00 a 14:00 horas durante o día de mañá.

Charla

Dirixida para adultos de 18 a 60 anos (25 participantes), ás 12:00 h na propia Casa da Cultura terá lugar una charla dunha hora de duración sobre a temática que versa a exposición comentada. Esta charla será dirixida por un educador ambiental e ademais da exposición teórica tamén haberá tempo para o debate e as preguntas que o público desexe facer.