Aberto o prazo para participar coma paxe na Cabalgata de Reis de Monforte

Monforte de Lemos, 10 de decembro de 2019. O Concello de Monforte ven de abrir o prazo de inscrición para que todos aqueles nenos e nenas que desexen participar coma paxes na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro do 2020, poidan optar a elo.

Este prazo de inscrición ven de abrirse logo de xa se anotasen os nenos 6º de Primaria dos centros de ensino de Monforte, que teñen preferencia nesta actividade. Deste xeito, poderán ser paxes nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria, así como 1º da ESO.

Para levar a cabo a súa inscrición poderán facelo na Delegación de Cultura do Concello de Monforte (Campo de San Antonio s/n) ou ben chamando ó 982 402 501 (preguntando polo técnico de Cultura).

A elección dos paxes, que se levará a cabo ata cubrir o que queda das 100 prazas previstas para a Cabalgata, será por orde de inscrición. Ós nenos e nenas finalmente sexan elixidos, seralles comunicada esta circunstancia uns días antes da celebración da Cabalgata de modo telefónico por parte da Delegación de Cultura.

A reunión para explicar o desenvolvemento da Cabalgata e entregar os traxes ós participantes terá lugar o venres 3 de xaneiro no Edificio Multiusos ás 18:00 h.