AVISO: Corte ó tráfico da Rúa das Hortas por traballos de limpeza do colector de saneamento

Monforte de Lemos, 8 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa que mañá mércores 9 de outubro, a partir das 21:30 horas procederase ó corte do tráfico de toda a rúa das Hortas, con motivo dos traballos de limpeza do colector de saneamento.

O tráfico restablecerase o antes posible, unha vez rematen as labores de limpeza.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.