AVISO DE ÚLTIMA HORA: Suspéndense as obras de reparación do pavimento previstas para mañá sábado na rúa Santo Domingo de Monforte, debido ás malas previsións meteorolóxicas

Monforte de Lemos, 18 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa que debido ás adversas previsións meteorolóxicas que se anuncian para mañá en Monforte, suspéndense as obras de reparación do pavimento previstas para mañá sábado na rúa Santo Domingo da cidade (e polo tanto non haberá cortes de tráfico).

En canto saibamos a data prevista para o inicio de ditas obras, comunicarémolo convintemente.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.