Colocación da fotografía oficial do actual Alcalde na Casa do Concello de Monforte

Colocación da fotografía oficial do actual Alcalde na Casa do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 16 de maio de 2019. No dia de hoxe colocouse na Casa do Concello de Monforte de Lemos a fotografía do actual Alcalde, José Tomé Roca, xunto ao resto de fotos dos rexedores monfortinos que se expoñen na Casa do Concello.

A colocación da referida imaxe do Alcalde colócase practicamente no límite do remate do seu mandato. Deste xeito, cúmprese coa tradición de colocar o cadro coa fotografía do Alcalde na galería de rexedores municipais que o Concello de Monforte tivo durante o pasado século XX e no que leva transcorrido de século XXI.

Para o feito da colocación dos cadros non hai unha data estipulada, habendo rexedores que o colocaron ó principio do seu mandato; neste caso, o actual Alcalde, colocouna ao final do seu mandato, cando quedan so uns días para a celebración das seguintes eleccións municipais.

A pesares de que foron moitos os veciños que preguntaron ao longo destes catro anos porqué non estaba colocado o cadro coa fotografía do actual Alcalde, este respostáballes que “o final é máis importante o traballo que a foto”.

 


Cadro do actual alcalde colocado no día de hoxe no Concello


Fotos dos 3 alcaldes que leva tido o concello de Monforte no presente século XXI: Nazario Pin Fernández, Severino Rodríguez Díaz e José Tomé Roca