Continúa o ciclo da Rede Galega de Teatros coa obra “Celebración” de Sarabela Teatro

 

Monforte de Lemos, 11 de febreiro de 2019. O teatro volverá ser protagonista esta semana da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte. Deste xeito, o vindeiro xoves día 14 terá lugar a segunda das seis representacións do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Así, a obra que se poderá ver no Edificio Multiusos do Concello será “Celebración” a cargo da compañía Sarabela Teatro. A representación dará comezo ás 20:15 horas e o prezo da entrada xeral será de cinco euros, mentres que para estudantes, desempregados e xubilados será de tres euros.

A seguinte cita co teatro será o domingo 24 de febreiro, neste caso dentro do ciclo infantil. No mesmo escenario, o edificio multiusos, terá lugar a representación da obra “Patapatúm” da compañía Elefante Elegante a partir das 18:00 horas.