O Alcalde de Monforte anuncia a reapertura da Piscina Municipal

Monforte, 10 de setembro de 2020.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar un novo decreto no que establece a reapertura da Piscina Municipal e Ximnasio, unha vez que as autoridades sanitarias  manifestaran que dan por controlado o brote da Covid-19  o pasado 17 de agosto no Concello de Monforte e que obrigara o seu peche a fin de evitar calquera situación de risco para os usuarios do servizo.

 Os técnicos municipais, tendo en conta a información sobre a situación sanitaria que a día de hoxe obra en poder do Concello de Monforte, consideran que se pode proceder a re apertura da Piscina Municipal e Ximnasio, aplicando o mesmo Protocolo de uso  aprobado por Decreto de Alcaldía do  día 31 de xullo de 2020 “Protocolo de uso Piscina Climatizada e Ximnasio dende o día da súa re apertura tras o peche motivado pola crise sanitaria”

Por tanto a partir de hoxe xoves 10 de setembro procedese a reapertura da Piscina Municipal e do Ximnasio da mesma.

Consulta o decreto aquí