O Concello de Monforte licita as obras do Parque de Cobas

Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2020. O Concello de Monforte anuncia a publicación hoxe da licitación das obras de acondicionamento do Parque de Cobas. Dende hoxe, todas aquelas empresas interesadas poderán presentar as súas plicas a este proxecto de mellora. O importe de licitación das obras é de 229.782,61 euros (IVE incluído).

O prazo de presentación de ofertas está aberto dende hoxe e ata o vindeiro martes 3 de marzo de 2020 ás 14 horas. A primeira mesa de contratación para a apertura das ofertas presentadas terá lugar o luns 9 de marzo de 2020 ás 9.30 horas.

Para levar a cabo o financiamento destas obras, o Concello asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo o pasado 3 de decembro de 2019, en virtude do cal o ente provincial asumirá o custe das obras, mentres que o Concello aboará os 4.840 euros correspondentes á redacción do proxecto e a dirección de obra.

O prazo de execución das obras, unha vez adxudicadas e dende a sinatura da acta de replanteo, será de 5 meses.

O proxecto de acondicionamento dun espazo público no parque do Cobas foi elaborado pola empresa monfortina Abante e describe as obras e actuacións necesarias para o acondicionamento de dita zona, situada a carón do río Cabe e da lagoa da Pinguela. Configúrase este proxecto como continuación deste parque, que foi acondicionado por varios obradoiro de emprego, e preténdese, coas novas actuacións proxectadas, rematar as actuacións neste parque.

 

Obras de acondicionamento en Cobas

A zona descrita acondicionarase levando a cabo en primeiro lugar a regularización do terreo actual, rebaixando onde sexa necesario e reenchendo nas zonas en que tamén se precise, e a súa preparación para o sementado de céspede, o que permite acabar de acondicionar esta zona. Neste senso, preténdese acada unha pendente suave en tódolos desniveis existentes co fin de que permita o traballo de maquinaria cortacéspede e facilite o seu mantemento.

Do mesmo xeito, acondicionarase unha senda-paseo peonil na parte central do parque, na zona situada máis ó nacente, dende o paseo existente. Asimesmo, crearase unha nova senda na zona oeste, unha vez corrixida a topografía existente nesa zona. Estas sendas peonís serán de pavimento de xabre estabilizado con bordos de madeira, o mesmo material dos paseos que xa existen e que foron construídos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Nunha zona situada ó noreste da zona de actuación, colocarase unha varanda de madeira tratada, similar ás varandas existentes e colocadas pola Confederación Hidrográfica nos paseos antes mencionados, como separación da zona pública e as parcelas privadas, e para completar a varanda xa existente.

Por último, en toda a zona verde se procederá á semente de céspede, coas actuacións previas necesarias (fresado, nivelado de terreo, compactado, despedregado e aboado do mesmo). A zona na que se actúa xa ten unha instalación de rega automática, pero será necesario modificala e adaptala á nova distribución e topografía nalgunhas zonas.

Por outra banda, se dotará a toda a zona dunha instalación de alumeado público da que carece neste momento, e que está composta por columnas e luminarias tipo LED, con liñas de alimentación soterradas.

Tamén se construirán dúas zonas de rocalla e arbustos ornamentais, unha preto da ponte da Pinguela e outra no centro do cruce das dúas sendas peonís que se executarán na zona leste.

Do mesmo xeito, colocaranse bancos de madeira e papeleiras neste entorno do parque, que serán do mesmo modelo dos que alí xa existen.

Condicións de licitación

Os requisitos de participación que deberán cumprir os licitadores que presenten ás súas ofertas a este proxecto se establecen en base a dous criterios:

  • Criterio de solvencia técnica-profesional: Deberán presentar certificados de boa execución por traballos da mesma natureza realizados nos últimos 5 anos, por un importe igual ou superior ó de licitación.
  • Criterio de solvencia económico-financeira: Os licitadores deberán ter un volume anual de negocio, nos últimos 2 anos, igual ou superior ó importe de licitación.

Ademais, deberán constituír unha garantía, polo prazo dun ano, por un importe do 5% do prezo de adxudicación que presenten, excluído do mesmo o IVE.

 

Criterios de adxudicación

Os criterios que valorarán os integrantes da mesa de contratación do Concello de Monforte para a adxudicación desta obra serán os seguintes:

  1. Prezo: o prezo ofertado será valorado cun máximo de 80 puntos.
  2. Ampliación do prazo de garantía ata 1 ano con póliza de seguro de todo risco de construción: os licitadores poderán ofertar 1 ano de ampliación de garantía, a maiores da que deben ofertar, segundo as condicións de licitación. Esta mellora será valorada cun máximo de 20 puntos.

 

Descrición pormenorizada das actuacións previstas

1.- Actuacións previas

  • Excavación a ceo aberto, en zonas onde é necesario rebaixar a cota actual.
  • Recheo, estendido e compactado de terras propias procedentes da escavación, en zonas onde é necesario subir a cota actual.
  • Recheo, estendido e compactado de terras, con aporte de terras, en zonas onde é necesario subir a cota actual.
  • Explanación e nivelación de terreos, una vez acadada a cota definitiva. Perfilado e rematado do perfil definitivo.
  • Cortado e troceado de árbores que están secas ou con perigo de caída. Inclúe retirada de tocón.
  • Extracción por medios mecánicos e transporte a vertedoiro de tocóns existentes na zona.
  • Escavación en terreo compacto para apertura de caixa en zona onde se construirán os novos tramos de paseo peonil.
  • Perfilado, nivelación e compactado, por medios mecánicos da caixa para os novos paseos.

2.- Paseo Peonil

  • Subministro e execución de pavimento continuo natural tipo Aripaq ou similar, de 20 cm. de espesor, con árido de xabre granítico da zoa. Similar ó existente no resto dos paseos.
  • Bordo de madeira tanalizada en autoclave, de sección cadrada de 20 x 20 cm. ancorado mediante tornillos sobre cimentación de formigón HM-20/P/20/I. En bordes dos novos tramos de paseos peonís.

3.- Formación de céspede

  • Laboreo mecanizado superficial (fresado) a 30 cm. de profundidade como máximo, en preparación de zonas para o sementado de céspede.
  • Anciñado manual para retirada de pedras e residuos de todo tipo na zona en que se sementará o céspede.
  • Pase de rolo superficial arrastrado por tractor, para allanamento de terreo e preparación de plantación.
  • Céspede sementado con mestura de Lolium, Agrostis, Festuca e Poa, incluso preparación do terreo, mantillo, sementado e regos ata a primeira sega.

4.- Plantación de árbores

  • Escavación a ceo aberto, por medios manuais, en apertura de buratos para a plantación das árbores.
  • Subministro e plantación de Cercis siliquastrum (Árbol de Judea) de 10 / 12 cm de diámetro subministrado a raíz espida, colocación aplomada, recheo do burato, con terra vexetal fertilizada ata a metade da súa profundidade, compactación con medios naturais (pisado), recheo do resto do burato e nova compactación manual e primeira rega.
  • Subministro e plantación de Quercus Rubra (Carballo Americano) de 10 / 12 cm de diámetro subministrado a raíz espida, colocación aplomada, recheo do burato, con terra vexetal fertilizada ata a metade da súa profundidade, compactación con medios naturais (pisado), recheo do resto do burato e nova compactación manual e primeira rega.
  • Subministro e plantación de Platanus x Hispánica (Plátano de Sombra) de 10 / 12 cm de diámetro subministrado a raíz espida, colocación aplomada, recheo do burato, con terra vexetal fertilizada ata a metade da súa profundidade, compactación con medios naturais (pisado), recheo do resto do burato e nova compactación manual e primeira rega.

5.- Alumeado público

  • Cadro de Mando e Protección para a instalación de alumeado público. Incluída a realización da base de colocación, o cadro completo e a posta a terra do mesmo.
  • Subministro e instalación de luminaria LED para alumeado público, BENITO CITIZEN COMFORT 53 W, dotada de LED de 53 W de potencia nominal. En alumeado xeral do parque.
  • Subministro e instalación de Luminaria estanca 840 de SIMON, con tecnoloxía LED con óptica de policarbonato con tratamento anti UV, distribución fotométrica xeral. En alumeado baixo as pontes.
  • Columna troncocónica gris, de 5 m de altura, con cimentación de formigón de 0,60 x 0,60 x 1,00 m, e arqueta contigua, de 40 x 40 x 60 cm., en canalización existente.
  • Subministro e instalación de condutor de cobre con illamento 0,6/1 kV para redes soterradas de baixa tensión, de 6 mm² de sección e condutor de terra, designación RVK 4x6 mm² 0,6/1 kV + TT 16 mm². Inclúe condutor de terra, de 16 mm²de cobre, con illamento 0,6/1 kV, e picas de cobre cada 5 luminarias.
  • Instalación eléctrica de luminarias na ponte 1, con protección baixo tubo con grado de protección 7, nas zonas accesibles de público. As luminarias instalaranse na propia estrutura da ponte.
  • Instalación eléctrica de luminarias na ponte 2, con protección baixo tubo con grado de protección 7, nas zonas accesibles de público. As luminarias instalaranse na propia estrutura da ponte.

6.- Mobiliario urbano

  • Subministro e colocación de varanda de madeira tratada en autoclave, de 1,10 m de altura. Formada por rollizos verticais de 14 cm. de diámetro e 1,35 m. de lonxitude, separados 2 metros, dous rollizos horizontais lonxitudinais (pasamáns e inferior) de 8 cm. de diámetro e rollizos verticais de 6 cm. de diámetro separados 16 cm. entre eixos. Inclúe a realización de buratos en postes verticais para paso dos largueiros, e medios buratos nos largueiros para encaixe dos montantes verticais.
  • Soleira de 15 cm de espesor, realizada con formigón HA-25/P/20/IIa N/mm², tamaño máximo do árido 20 mm elaborado en central, armado con mallazo electrosoldado 150x150x6 mm. En zonas a colocar bancos e papeleiras.
  • Subministro e colocación de banco de fundición e madeira, de BENITO URBAN modelo CANTÁBRICO, de 2,00 m. de lonxitude, con pes de fundición dúctil con acabado imprimación epoxi e pintura poliéster en polvo color negro forxa. Dous taboleiros no asento de sección 150 x 45 mm. e un no respaldo de sección 200 x 45 mm de madeira tropical tratada con lignus, protector funxicida, insecticida e hidrófugo. Colocado sobre soleira de formigón.
  • Subministro e colocación de papeleira de aceiro, de BENITO URBAN, modelo BCN, con soporte e contedor de aceiro, e de 70 litros de capacidade. Aceiro con tratamento Ferrus, proceso protector do ferro, que garante unha óptima resistencia á corrosión. Imprimación epoxi e pintura poliéster en polvo color negro forxa. Colocada sobre soleira de formigón.

7. Varios

  • Partida alzada para reforma e acabado da instalación de rega automática e para adaptala á nova distribución e topografía. Inclúe tódolos elementos necesarios para o correcto funcionamento da mesma (regadores, tubaxes, arquetas, válvulas, bombas, ...se é o caso).
  • Partida alzada para reforma da instalación de alumeado público existente (canalizacións soterradas) e conexión á rede de subministro.
  • Partida alzada para realización de zonas de rocalla, con rocas decorativas, arbustos, malla antiherbas, ...
  • Partida alzada para poda de árbores existentes. con retirada de restos a vertedoiro autorizado.