Os Orzamentos do Concello de Monforte para 2022 serán eminentemente sociais

Monforte de Lemos, 20 de novembro de 2021. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer na mañá de hoxe os Orzamentos Municipais para o ano 2022, “un orzamento que  é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello”.

“Desde que teño compromiso de goberno como Alcalde dende o ano 2015, volvemos a traer os Orzamentos Municipais do Concello de Monforte de Lemos en tempo e forma, e o facemos por sétimo ano consecutivo, cumprindo o noso compromiso cos monfortinos e monfortinas”, destacou o Alcalde.

O rexedor municipal engadiu que “Repasando a historia recente dos gobernos municipais de Monforte, nunca houbo unha racha de 7 anos consecutivos aprobando o orzamento en tempo e forma para que entre en vigor a principios do ano seguinte. Isto demostra a nosa seriedade e a boa xestión que fai este Equipo de Goberno, porque desta forma os orzamentos entrarán en vigor a principios do ano 2022”.

Deste xeito, a previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2022 é de 14.892.364,97 euros, preto de 15 millóns de euros,  que na práctica é superior: ”é unha previsión igual á do ano anterior, pero a realidade é que os ingresos aumentan case nun millón máis, xa que se lle debe sumar esa cifra (900.000 €) que está consignado para 4 proxectos concretos que se están executando e que solo está certificado unha parte pequena (máis ou menos 50.000 €) e que o resto se incorporará ó orzamento do ano seguinte, neste caso para o orzamento de 2022, e que polo tanto, pasa a formar parte dos ingresos deste exercicio”, explicou o Alcalde.

Ingresos

A previsión de ingresos que ten o Concello para o 2022 é de 15.792.364,97 euros.

Os ingresos que aumentan con respecto ó ano anterior corresponden principalmente á participación nos Tributos do Estado, que supoñen un incremento do 25%, en relación co ano anterior, o que ven a ser un total de 543.986,67€ máis que no ano 2021.

No relativo ós Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galici, o Alcalde destacou que “non aumentan nin un só euro, ó contrario, diminúen con respecto ó ano 2021 en 16.300,24€, o que evidencia que o goberno do Sr. Feijóo, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte nin ós Concellos en xeral”.

Por outra banda, dáse un incremento da aportación da Xunta de Galicia nos servizos sociais “que se debe exclusivamente a que a Xunta por fin atendeu ás demandas dos Concellos para que aumentara o prezo por hora do SAF. Aínda que non se conseguiu a cantidade desexada por todos os Concellos, pese a que este servizo é de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, finalmente incrementou en 2 euros o prezo da hora para o ano 2022, pasando de 9 a 11 euros, aínda que o Concello está pagando este servizo moito máis caro, de feito, no concurso que sairá proximamente, o prezo/hora estará en 18 €, o que supón un 63,6% máis do que paga a Xunta”, explicou o rexedor municipal.

“Por este motivo, o Concello, facendo un gran esforzo como xa o ten demostrado co aumento dos servizos do SAF feito no ano 2021 e mantendo este ano en 1.400.000€, vanse incrementar as horas, todo elo para conseguir que os nosos maiores estean ben atendidos”.

Os ingresos que merecen unha especial atención, debido a que todos eles aumentan, segundo a previsión dos servizos económicos en base á execución de este ano, son os seguintes:

  • A partida correspondente ó IBI increméntase con respecto ó ano 2021 en 235.000€, como consecuencia de regularizacións pendentes e de altas.
  • A contribución rústica tamén aumenta con 1.000€ con respecto ó ano anterior, como consecuencia das regularizacións.
  • A partida do imposto municipal de vehículos tamén reflexa un pequeno incremento, como consecuencia de adquisición de novos vehículos por parte da cidadanía.
  • O imposto de actividades económicas (IAE) aumenta en 90.000 euros con respecto a 2021, debido a altas e ó incremento de facturación das empresas.
  • O ICIO tamén experimenta un aumento considerable, pola reactivación económica tras a pandemia que se traduce en novas construcións e rehabilitación de edificacións.
  • A taxa do lixo, como consecuencia da aplicación do IPC, tamén trae consigo unha pequena subida.
  • Os vados tamén xeran un aumento de ingresos debido á elevada solicitude dos mesmos.

 

Gastos: desglose por Capítulos

O Capítulo 1 destes orzamentos corresponde ó persoal, e neste senso, aumenta o gasto en 176.833,10 euros, un 3,96%, quedando a partida total en 4.643.549,84 €, fronte ós 4.466.716,73€ de 2021, debido ó incremento salarial, custes de antigüidade e cobertura de vacantes.

O Alcalde explicou que o incremento do coste do Capítulo 1 corresponde á:

  • Creación dunha praza de oficial no servizo da Policía Local: É necesario dotar ó servizo da Policía Local dos efectivos necesarios para a atención da cidadanía.
  • Creación dunha praza de técnico informático: debido ás esixencias da implantación da administración electrónica, da utilización de determinados programas de xestión, etc., é necesario contar entre a plantilla do Concello cun técnico en informática, tal e como ocorre en case todas as administracións semellantes ó Concello de Monforte.
  • Tamén se vai a dotar unha praza de auxiliar administrativo, a fin de ser un apoio para determinados servizos municipais.

“Isto demostra o meu compromiso como Alcalde e do meu Equipo de Goberno coa creación de emprego, en aras de que os monfortinos e monfortinas reciban un mellor servizo do noso Concello, que é o noso obxectivo prioritario”, subliñou Tomé Roca.

Tamén vese aumentado este Capítulo 1 porque se prevé o incremento das retribucións de todo o persoal nun 2%, a expensas do que ditamine a Lei de Orzamentos do Estado, e tamén en trienios.

No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, increméntase en 507.249,53 €,o que representa un incremento do 6,57%, debido principalmente á aportación de gasto para a piscina municipal, o pintado de rúas, a dotación a Protección Civil, a participación nos Xogos do Eixo Atlántico dende o departamento de Deportes, ás Festas Patronais, “que as queremos retomar con forza, que levan dous anos sen facerse”, á reparación necesaria na nave dos operarios de obras, servizos e xardíns, ubicada en Duquesa de Alba, e actividades de turismo: o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño “e tamén a algún evento que aínda está sen presentar, e que presentaremos pronto”. A partida total neste Capítulo 2 é de 8.232.849,88 euros, fronte os 7.725.600,34€ de 2021.

“O gasto corrente non imputable a estas obrigas, baixa en relación a anos anteriores, debido á xestión rigorosa que vimos facendo dende o Equipo de Goberno dende o ano 2015, e por iso o Concello de Monforte ten remanentes positivos e sen débeda pública.” sinalou o Alcalde.

No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, aumenta en 19.761,36 euros, o que significa un aumento de case o 2%, debido a que incrementamos subvencións en deportes, en festas das parroquias, etc.. Así, a partida total para este capítulo 4 é de 1.049.184,63 euros, fronte ós 1.029.423,27€ de 2021.

No referido ó Capítulo 6, que recolle as inversións, no ano 2022 é de 871.100 euros. En 2021 foi de 505.100 €, co que se incrementa en 366.000, o que supón un 72,46%, ó que hai que engadir os 900.000 € do 1.000.000 de euros de investimentos que se conveniaron o ano pasado e que se vai incorporar por estar as obras en execución: O Plan de Accesibilidade, o Parque do Hospital, a Urbanización da Zona C ou a Ponte do Malecón.

Tomé Roca sinalou que “este Alcalde e o seu Equipo de Goberno, cando anuncian unha obra, tarda moi pouco tempo en converterse en realidade porque, ou ben está conveniada, ou ben está en contratación ou ben está contratada e a piques de iniciarse as obras. Dende que este Equipo de Goberno está á fronte do Concello, os anuncios son realidades. Agora sí, o que se compromete cúmprese, facendo inversións en todos os barrios e en todas as parroquias”.

No Capítulo 7, referente a transferencias de capital a administracións, redúcese con respecto ó ano anterior porque a aportación ó convenio de verquidos que se tiña coa Hidrográfica Miño-Sil e a Deputación de Lugo xa é o último ano e o outro proxecto para o saneamento financiase con remanentes, e polo tanto xa está con retención de crédito. Isto supón que  o Concello en 2022 ten que aportar 80.680,63 euros a este Capítulo 7, o que supón un descenso do 47,45%, é dicir, 72.844 euros menos que en 2021.

En resumo, o Orzamento do Concello para 2022 ascende a 14.892.364,97 euros, ós que se engaden 900.000 euros máis que se incorporan de inversións comprometidas e que están en execución.

O Alcalde destacou neste aspecto que “como se pode observar, o Orzamento para 2022 non aumenta con respecto ó do ano 2021 pero en realidade si o fai no apartado de ingresos porque se conta con case un millón de euros do ano anterior”.

 

Débeda cero

O Alcalde continuou a súa intervención salientando un dato “que para nós e moi relevante e que non pode deixarse de mencionar, e é que este Concello continúa con DÉBEDA CERO e sen previsións de ningún préstamo, e a pesar disto, temos un nivel de investimento moi alto para poder financiar as obras que vimos realizando en melloras urbanas, melloras no rural, melloras nos parques, melloras no saneamento, melloras no alumeado ou melloras no Polígono Industrial, con novas rúas ou co viveiro de empresas.”.

“Polo tanto, os monfortinos e monfortinas empezaremos o ano 2022, tal e como fixemos no ano 2021, libres de débedas no Concello, sendo un dos poucos concellos de España onde os seus cidadáns non teñen débeda pública”.

Outros aspectos significativos dos Orzamentos

Cabe destacar que nos Orzamentos Municipais para o 2021, séguese mantendo a redución da taxa do Cemiterio nun 50%, o que resulta moi positivo sobre todo para as persoas maiores, que son as que maioritariamente teñen ó seu nome os nichos, e polo tanto son as que maioritariamente pagan a taxa do Cemiterio.

O gasto social para o ano 2022 correspondente a axuda a domicilio é de 1.400.000 euros, que se aumenta en 113.744,40€ euros nos orzamentos de 2021 e que se mantén para os de 2022, a fin de atender ás persoas en situación de vulnerabilidade e prestarlles así un servizo de calidade e unha mellor atención a todos eles.

Auméntase a partida de emerxencias sociais nun 2%, quedando esta establecida en 51.000 euros.

Increméntase a partida correspondente ás actividades que se desenvolvan no Centro Cívico e nas distintas parroquias, quedando esta en 90.000 euros, un 1,25%, xa que neste 2022, contamos entrar xa na nova normalidade, e imos retomar todas as actividades que se viñan organizando antes da pandemia.

Sube a partida correspondente á adquisición de libros de textos, pasando de 20.000 euros en 2021, a 25.000 euros en 2022, cun incremento do 25%, co obxectivo de atender ás necesidades de familias con nenos e nenas que non poden adquirir o material escolar necesario para a súa actividade educativa.

Tamén se aument a partida destinada ó bus universitario para estudantes universitarios e de ciclos formativos en 5.000 euros, un aumento moi significativo, pasando de 20.000 a 25.000 euros, cun incremento de 25%. Con esta maior dotación, axudamos a sufragar os gastos das viaxes dos nosos estudantes fora da nosa cidade.

A partida do servizo de bus escolar tamén se incrementa en 2.375 euros, pasando a ser 25.000 euros en 2022 fronte ós 22.625 euros do ano 2021, o que supón un 10,5%.

Sube importe destinado á Gardería municipal en 9.047,24 euros, pasando de 145.952,76 euros en 2021 a 155.000 euros en 2022, o que supón un incremento do 6,20%, para que a partir de setembro sexa gratis para as familias.

“Para mellorar a eficiencia enerxética, de 10.000 euros en 2021, pasamos a 15.000€ en 2022, un incremento de 5.000 euros (50%), para atender ás necesidades que se están agudizando, e que cremos que para o vindeiro ano van seguir aumentando”, sinalou o Alcalde.

 

Inclúese unha partida de 12.000 euros para adquisición de mobiliario e equipos informáticos para o Conservatorio, todo elo en beneficio dos seus alumnos e dos profesores que imparten as clases.

Do mesmo xeito, mantense a partida destinada a asociacións sociais, en 12.000 euros.

“Con estes datos”, subliñou José Tomé, “queda claro o compromiso social deste Goberno Municipal, o que demostra que este Alcalde e este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que nunca, e queda explicitada nestes orzamentos que é onde hai que demostralo con recursos”.

Por outra banda, consolídase o importe que se fixo no ano 2021 para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos. Esta contía é de 30.000 euros, que xunto coas importantes bonificacións incorporadas polo Equipo de Goberno no ICIO, IBI e IAE para a creación de emprego, demostran un claro compromiso co emprego.

En Deportes, increméntase as axudas en 1.500 euros, pasando de 109.352,50 euros en 2021 a 110.852,50 euros en 2022, o que representa un incremento de 1,37%. “Mantemos, polo tanto, o compromiso cos clubs, co deporte de base, coa actividade física e saudable, e cos deportistas individuais”.

O Alcalde tamén comunicou que se aumentará a partida para a rexeneración de céspede no Campo da Pinguela, en 44.000€ pasando de 6.000 euros do ano 2021, a 50.000 € no ano 2022, e se destinarán 19.000€ máis para a reposición de mobiliario deportivo, pasando de 6.000€ no ano 2021 a 25.000€ no ano 2022, un 317% máis.

En concreto, as subvencións nominativas que o Concello destinará a entidades deportivas son as seguintes:

 -CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUICELA..................3.500 €

 -CLUB NATACIÓN MONFORTE...........................8.000 €

 -A.D. A GÁNDARA................................................2.400 €

-SOCIEDADE VAL DE LEMOS CAZA E PESC..........1.500 €

-CLUB BALONCESTO VAL DE LEMOS...................7.300 €

-CLUB TAEKWONDO NEKA MONFORTE............3.000 €

-CLUB LEMOS..................................................17.500 €

-CLUB QUIXÓS...................................................5.500 €

-C.P. CALASANCIO............................................15.700 €

-A.D. PONTE VELLA..........................................962,50 €

-CLUB PESCA MONFORTE..................................1.100 €

-ASOC. DEPORTIVA SOC. RÍO CABE...................1.700 €

-A.D. COLEXO FERROVIARIO.................................800 €

-A.D. ESCOLAPIOS.................................................800 €

-A.D. TORRE DE LEMOS........................................800 €

-CLUB FLUVIAL.......................................................800 €

-A.D. VETERÁNS..................................................1.600 €

-A.D. CASTELAO..................................................1.300 €

-CLUB DE FUTBOL MONFORTE..........................8.700 €

-SOC. COLOMBÓFILA AIRES DE LEMOS..........437,50 €

-CLUB BILLAR TEMPLARIOS.................................540 €

-CLUB DE TENIS CUATRO VIENTOS.....................525 €

-C.V RIBEIRA SACRA MONFORTE....................10.500 €

-CASTELO BIKE CLUB.......................................962,50 €

-C.C. TORRE SAN VICENTE MONFORTE..........962,50 €

-CLUB CICLISTA MONFORTE............................962,50 €

-CLUB KORBIS...................................................8.500 €

-CLUB DE TIRO OLIMPICO RIO CABE...................400 €

-CLUB DE PESCA RIO CABE...............................1.100 €

-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUENDRA..............2.000 €

-A.D.C. MONTE FORTE......................................1.000 €

 

Incremento na inversión na área de Cultura

Na área de Cultura, aumenta o orzamento debido a que se incrementan os gastos para a Feira Medieval e do Festival do Viño, xa que o Equipo de Goberno retomará a organización de eventos que levabamos a cabo antes do inicio da Covid-19. En concreto pasamos de 115.000 euros a 125.000 euros, o que supón 10.000 euros de incremento, un 8,70%.

“Recuperaremos con forza as Festas Patronais, incrementando o seu orzamento de 300.000 euros a 350.000 euros, case un 17% máis”, destacou o rexedor municipal.

Do mesmo xeito aumenta a partida de premios, na área de Cultura, en relación ó Entroido e á Feira Medieval, pasando de 16.000 euros en 2021 a 18.000 euros para este 2022, que son 2.000€ máis, un 12,5%, co obxectivo de potenciar a participacións dos colexios, das asociacións e dos cidadáns nestes eventos, e que non se perda así a tradición de participar neles.

“Con respecto ó alumeado de Nadal, en 2022 pasaremos de 50.000€ investidos en 2021 a 70.000€, un incremento de 20.000 €, o 40% máis”.

Destinaranse a equipos informáticos, mobiliario, e estanterías para libros da Biblioteca Municipal, 37.000 euros, supoñendo un incremento de 31.000 euros con respecto a 2021, en que era de 6.000€, un 516,66%.

En canto as subvencións para as festas das parroquias, e co fin de volver á situación de antes da pandemia, incrementase a partida de subvención, pasando de 17.500 euros a 20.000 euros, que serán repartidos proporcionalmente entre as parroquias existentes, sendo 2.500 euros máis, un 14,30% máis.

Polo que respecta a outras entidades, mantéñense as axudas nominativas que se veñen concedendo, incrementando algunhas axudas.Neste apartado destínase as seguintes axudas:

 -CCU…...................................................10.000 €

 -CLARISAS…............................................ 3.000 €

-NAUFRAGOS DO PARADISO…................ 4.000 €

-FANCINE DE LEMOS………...…................. 5.000 €

-CINE CLUB A CALEXA…...…..................... 1.500 €

-MUSEO DO FERROCARRIL…................... 8.000 €

-CARITAS ………………...............................5.000 €

-CRUZ VERMELLA…............................... 2.000 €

-ASC. PRACEIROS…................................ 2.000 €

-ASOC. HOSTALEIROS…......................... 2.500 €

-MUSEO CASA DAS MUÑECAS.…............2.000 €

-RALLY DAKAR……………………..................5.000 €

-CORAL DE RENFE……………….................1.500 €

 -CARUDE ROCK……………………................4.000 €

                     

“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “son uns bos orzamentos que manteñen as liñas xerais de anos anteriores, porque Monforte evoluciona ben, procurando reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”.

“Como se pode ver, son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un  mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e  por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos o Pleno do vindeiro luns 29 de novembro, un orzamento que é bo para Monforte.”

 

 

 

CADRO RESUMO ORZAMENTOS MONFORTE 2022

 

 

Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 3

Capítulo 4

Capítulo 6

Capítulo 7

Capítulo 8

ORZ 2022

4.643.549,83

8.232.849,87

9.000,00

1.049.184,63

871.100,00

80.680,63

6.000,00

ORZ 2021

4.466.716,73

7.725.600,34

6.000,00

1.029.423,27

505.100,00

153.524,63

6.000,00

DIFERENCIA

176.833,10

507.249,53

3.000,00

19.761,36

366.000,00

-72.844,00

0,00

 

3,96%

6,57%

50,00%

1,92%

72,46%

-47,45%

0,00%

 

Orzamento 2022: 14.892.364,97 euros.