O Concello anuncia a apertura este luns 20 do prazo de inscrición nas Escolas Municipais de Música e de Danza

Monforte de Lemos, 17 de setembro de 2021. O Concello de Monforte anuncia que a partir do vindeiro luns 20 de setembro abrirase o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2021/22.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:

 https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades musicais ofertadas:

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión (batería, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Violín
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou ben en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:

https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades ofertadas en danza:

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza. Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada.

Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.