Inauguración na Casa da Cultura da exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos”

Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2021. A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolleu na tarde de hoxe o acto inaugural da exposiciónOs nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” organizada polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, en colaboración co Concello de Monforte.

Na inauguración participaron o director de dito instituto, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e outras autoridades.

A exposición que se ubica no hall da Casa da Cultura está composta por 6 paneis informativos arredor da Torre da Homenaxe de San Vicente, de biografías de personaxes relacionados cos señores da Casa de Lemos, imaxes proporcionadas polo Concello e e debuxos levados a cabo por alumnos dos centros educativos de Monforte. Ademais, conta cun vídeo explicativo sobre a Torre monfortin. Esta exposición poderá ser visitada ata o 10 de decembro.

Tras a inauguración, tivo lugar unha conferencia a cargo de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director deste Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, que forma parte do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Tras ela, levouse a cabo a entrega dos premios do 1º concurso de debuxoDebuxando os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” no que participaron  e foron agraciados con diverso material didáctico alumnos e alumnas dos centros educativos de Monforte, concretamente de Primaria e ESO.

Previamente, nestes centros educativos tamén tivo lugar un obradoiro de heráldica para nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria.