O Concello informa dun corte no subministro da auga por unha avaría na rúa da Corna

Monforte de Lemos, 12 de xaneiro de 2021. O Concello de Monforte informa que na noite do mércores 13 ó xoves 14 de xaneiro, a partir da unha da noite (01:00 h.) levarase a cabo un corte no subministro de auga para proceder á reparación dunha avaría na rúa da Corna.

Este corte afectará á xeral de San Vicente, polo que se verá afectada unha parte importante da cidade.

Os traballos de reparación da avaría realizaranse de noite, co obxectivo de que o corte no subministro afecte ó menos posible tanto ós cidadáns coma os diferentes negocios da cidade.

A previsión é que o servicio no subministro de auga sexa reposto antes das 6 da mañá de dito xoves 14 de xaneiro.

Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.