Plenos

Pleno Ordinario 25 de abril de 2016

ORDE DO DÍA ------------------- 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 4 DE ABRIL DE 2016. -------------------------- PARTE RESOLUTIVA -------------------------- 2. MODIFICACIÓN DO ANEXO DE INVESTIMENTOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2016 MEDIANTE A MODIFICACIÓN DAS FINALIDADES ÁS QUE SE DESTINA O FINANCIAMENTO DA OPERACIÓN DE ENDEBEDAMENTO PARA INVESTIMENTOS. 3. MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA DENOMINACIÓN E ROTULACIÓN DE VÍAS PÚBLICAS E DA NUMERACIÓN DE EDIFICIOS. 4. ADHESIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS AO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS. 5. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN RELACIÓN AO RECENTE ACORDO ENTRE A UE E TURQUÍA SOBRE A EXPULSIÓN COLECTIVA DAS PERSOAS REFUXIADAS EN EUROPA (DECLARACIÓN PROVENIENTE DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE). 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA EN RELACIÓN COA SUPRESIÓN DE 2 PRAZAS DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA E OUTRO PERSOAL SANITARIO NO AMBULATORIO DE MONFORTE DE LEMOS. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG MOCIÓN PARA INSTAR AO EQUIPO DE GOBERNO A ELABORAR UNHA ORDENANZA DE VENDA AMBULANTE QUE INCLÚA A FEIRA DO MERCADO GANDEIRO, O MERCADIÑO DO PARQUE DOS CONDES E A PRAZA DE ABASTOS. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA QUE VOLVA A SER DECISIÓN PLENARIA A ORDENANZA REGULADORA PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN (ARI). 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE RESTITUCIÓNS DE CUSTES DE OBRAS DE RENOVACIÓN DA REDE OU INSTALACIÓNS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO, QUE TEÑAN SIDO INDEBIDAMENTE ASUMIDAS POLO CONCELLO NOS ÚLTIMOS ANOS. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA BUSCAR FÓRMULAS QUE PERMITAN INCREMENTAR O NÚMERO DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO EN PUNTOS DA CIDADE ONDE EXISTE ESPECIAL DEMANDA. 11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE ELIMINACIÓN DE GRAFFITIS, LIMPEZA, PINTADO E ENLUCIDO DA PASARELA DO PARQUE DOS CONDES, REQUIRINDO Á EMPRESA FCC NO QUE SEXA DA SÚA COMPETENCIA. 12. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA SOLICITAR FONDOS Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA LEVAR A CABO DIVERSAS ACTUACIÓNS. 13. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA ESIXIRLLE Á EMPRESA QUE LEVOU A CABO A OBRA DE RENOVACIÓN DAS CONDUCIÓNS DE AUGA POTABLE NAS RÚAS IRMÁNS DAPENA, CORREDOIRA E JOSÉ DE GARABANTES A ENTREGA DA OBRA EN PERFECTO ESTADO. 14. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA O CUMPRIMENTO DO CONTRATO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, MODALIDADES DEPENDENTES VALORADOS E PRESTACIÓN BÁSICA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. ------------------------------------------- PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN ------------------------------------------- 15. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 28.03.2016 a 18.04.2016. 16. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA (de 18.04.2016) QUE LEVANTA REPARO DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 17. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: 

Pleno Ordinario 4 de abril de 2016

ORDE DO DÍA: ------------------- 1. Acta anterior, correspondente á sesión ordinaria do 29 de febreiro de 2016. --------------------- Parte resolutiva --------------------- 2. Denominación de vías públicas. 3. Proposta da alcaldía sobre mantemento de servizos na Comisaría de Policía de Monforte de Lemos. 4. Moción do grupo municipal do BNG para esixirlle a Aqualia que asuma os custos da obra de renovación das conducións de auga potable nas rúas Corredoira, José de Garabantes e Irmáns Dapena. 5. Moción do grupo municipal do PP sobre actuacións varias no contorno do recinto amurallado: -cumprimento das ordenanzas sobre limpeza de maleza en soares e terreos sen edificar, e saneamento de herbas invasivas na muralla, requirindo á empresa FCC. – eliminación de graffiti e acondicionamen do contorno do depósito, requirindo á empresa Aqualia. 6. Moción do grupo municipal do PP sobre a mellora do asfaltado de vías urbanas que se atopan en mal estado. 7. Moción do grupo municipal de ESPERTA MONFORTE demandando dilixencia na aplicación da normativa de circulación. 8. Moción do grupo municipal do BNG sobre a participación de todos os grupos municipais nas mesas de contratación. 9. Moción do grupo municipal de ESPERTA MONFORTE sobre carencia na asistencia sanitaria na especialidade de Uroloxia no Hospital Comarcal. 10. Solicitude á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do arranxo definitivo da R/ Manuel Murguía, instada pola A.VV. “As Lamas”. 11. Moción do grupo municipal do PP sobre a revisión da ordenanza reguladora da denominación e rotulación das vías públicas. ----------------------------------- Parte de control da xestión ----------------------------------- 12. Dación de conta de resolucións da Alcaldía (art. 42.1 do rof). Datas das resolucións das que se dá conta: 22.02.2016 a 28.03.2016. 13. Información específica de resolución da Alcaldía (de 14.03.2016) que levanta reparo de Intervención (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 14. Dación de conta da liquidación do orzamento de 2016. (art. 193.4 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 15. Dación de conta do plan orzamentario para o período 2017-2019. (art.6 da Orde Hap/2105/2012). 16. Rogos e preguntas.

Archivos Adjuntos: 

Pleno Ordinario 29 de febrero de 2016

ORDE DO DÍA ------------------- 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 1 DE FEBREIRO DE 2016. PARTE RESOLUTIVA --------------------------- 2. MOCIÓN, INSTADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE MONFORTE, SOBRE UN CONSELLO MUNICIPAL DE SAÚDE E O CONSELLO DE ÁREA DE SAÚDE. 3. PROPOSTA, POR MOCIÓN INSTADA POLA DELEGACIÓN SAHARAUI PARA GALICIA DA SOGAPS, DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO 40º ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA RASD. 4. PROPOSTA, POR MOCIÓN INSTADA POLA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, PARA O CUMPRIMENTO REAL E EFECTIVO DA CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORIZADAS. 5. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O PROGRAMA LEADER GALICIA 2014-2020. 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA O CUMPRIMENTO REAL E EFECTIVO DA CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORIZADAS. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA QUE SE PUBLIQUE NA PÁXINA WEB DESTE CONCELLO UNHA RELACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DE INTERESE EXISTENTE NO NOSO RURAL. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A MURALLA DE MONFORTE. 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN -------------------------------------------- 10. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 26.01.2016 a 22.02.2016, e unha pendente de 30.12.2015. 11. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 28.01.2016 e 18.02.2016) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 12. DACIÓN DE CONTA DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA DO 4º TRIMESTRE DE 2015 E OUTRA INFORMACIÓN DE COMUNICACIÓN OBRIGATORIA AO MINHAP. 13. DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO DO 4º TRIMESTRE DE 2015. 14. DACIÓN DE CONTA DOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO E MOROSIDADE, CORRESPONDENTES AO 4º TRIMESTRE DE 2015. 15. ROGOS E PREGUNTAS.

Pleno Ordinario 1 de febrero de 2016

ORDE DO DÍA ------------------ 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 28 DE DECEMBRO DE 2015. PARTE RESOLUTIVA -------------------------- 2. CATÁLOGO DE POSTO DE SEGUNDA ACTIVIDADE PARA INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. 3. MODIFICACIÓN DO ACORDO SOBRE O PERSOAL EVENTUAL. APLICACIÓN A ESTE PERSOAL E ÁS DEDICACIÓNS CORPORATIVAS DOS INCREMENTOS RETRIBUTIVOS CORRESPONDENTES AO EMPREGO PÚBLICO. 4. ACORDO DE MODIFICACIÓN DA ACTA DE ADSCRICIÓN DA AULA UNIVERSITARIA DA UNED EN MONFORTE DE LEMOS AO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN LUGO. 5. SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC) PARA O CAMIÑO DE INVERNO A SANTIAGO. 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA SOLICITAR MELLORES SERVIZOS FERROVIARIOS PARA MONFORTE E A PROVINCIA DE LUGO. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE RESERVA DE ESPAZO PARA CARGA E DESCARGA DE EQUIPAXES E PASAXEIROS EN ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE SEGURIDADE VIAL. 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE REQUIRIMENTO DE CUMPRIMENTO Á EMPRESA AQUALIA SOBRE REPARACIÓN DE AVARÍAS, PARTICULARMENTE OS SOCAVÓNS DA RÚA CHANTADA. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA SUBSTITUÍR AS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS POR SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA. 11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O PERFIL DO CONTRATANTE DA PÁXINA WEB. 12. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA DECLARAR MONFORTE DE LEMOS VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS. 13. MOCIÓN, INSTADA POR UGT E CCOO, EN APOIO AOS OITO DE AIRBUS POLA DERROGACIÓN DO ART.315.3 DO CÓDIGO PENAL. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN -------------------------------------------- 14. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 21.12.2015 a 25.01.2016. 15. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (son dúas do 30.12.2015) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 16. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: 

Pleno Ordinario 28 de decembro de 2015

ORDE DO DÍA: 1. ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES ÁS SEGUINTES SESIÓNS: ORDINARIA DO 9 DE DECEMBRO DE 2015 E EXTRAORDINARIA DO 17 DE DECEMBRO DE 2015. PARTE RESOLUTIVA: 2. CUESTIÓN DE CONFIANZA VINCULADA Á APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DE 2016 DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS: ORZAMENTO DA ENTIDADE LOCAL E DO ORGANISMO AUTÓNOMO INSTITUTO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIAS, BASES DE EXECUCIÓN, CADRO DE PERSOAL, TEITO DE GASTO, MASA SALARIAL DO PERSOAL LABORAL. 3. CATÁLOGO DE POSTO DE SEGUNDA ACTIVIDADE PARA INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. 4. MODIFICACIÓN DO ACORDO SOBRE O PERSOAL EVENTUAL. APLICACIÓN A ESTE PERSOAL E ÁS DEDICACIÓNS CORPORATIVAS DOS INCREMENTOS RETRIBUTIVOS CORRESPONDENTES AO EMPREGO PÚBLICO. 5. ACORDO DE MODIFICACIÓN DA ACTA DE ADSCRICIÓN DA AULA UNIVERSITARIA DA UNED EN MONFORTE DE LEMOS AO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN LUGO. 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A CONVOCATORIA DUNHA PRAZA POR PROMOCIÓN INTERNA DE OFICIAL DE POLICÍA LOCAL. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA PROMOVER A CREACIÓN DE ROTEIROS CULTURAIS – EDUCATIVOS. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE SOBRE A NECESIDADE DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL PARA A INSTALACIÓN DE ESTUFAS E CALEFACCIÓNS DE BIOMASA. 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE AS MESAS DE CONTRATACIÓN. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA INICIAR AS XESTIÓNS DE APOIO Á EMPRESA CONCESIONARIA DE IMPLANTACIÓN DO PRÓXIMO CENTRO DE EMPRENDEMENTO INNOVADOR. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN 11. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 01.12.2015 a 18.12.2015. 12. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 07.12.2015 e 15.12.2015) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 13. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: 

Pleno Ordinario 9 de decembro de 2015

ORDE DO DÍA: ------------------- 1. Actas anteriores, correspondentes ás seguintes sesións: ordinaria do 26 de outubro de 2015 e extraordinaria do 23 de novembro de 2015. PARTE RESOLUTIVA: 2. Orzamento xeral de 2016 do Concello de Monforte de Lemos: orzamento da entidade local e do organismo autónomo Instituto Municipal de Drogodependencias, bases de execución, cadro de persoal, teito de gasto, masa salarial do persoal laboral. 3. Representación corporativa en órganos e entidades. 4. Adecuación ao novo mandato corporativo da comisión de deslinde co concello de Sober. Ratificación do decreto da alcaldía do 25 de novembro de 2015. 5. Modificación da ordenanza municipal pola que se crean e modifican ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Monforte de Lemos. 6. Derogación formal da ordenanza reguladora para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación (ARI). 7. Catálogo de posto de segunda actividade para inspector da policía local. 8. Modificación do acordo sobre o persoal eventual. Aplicación a este persoal e ás dedicacións corporativas dos incrementos retributivos correspondentes ao emprego público. 9. Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos para a adhesión ao “Portal de Transparencia”. 10. Acordo de modificación da acta de adscrición da aula universitaria da Uned en Monforte de Lemos ao centro asociado da Uned en Lugo. 11. Moción do grupo municipal do PP sobre o incumprimento das obrigas de localización e reparación de fugas na rede de abastecemento, por parte da concesionaria Aqualia. 12. Moción do grupo municipal do PP con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xénero. 13. Moción do grupo municipal de Esperta Monforte para eliminar o uso de glifosato (e similares) como produto para o control de herbas nos lugares públicos. 14. Moción do grupo municipal de Esperta Monforte para a revisión por parte de transparencia internacional do grao de transparencia do Concello de Monforte de Lemos. PARTE DE CONTROL DE XESTIÓN: 15. Dación de conta de resolucións da alcaldía (art. 42.1 do rof). Datas das resolucións das que se dá conta: 19.10.2015 a 30.11.2015. 16. Información específica de resolucións da alcaldía (de 26.10 e 18.11.2015) que levantan reparos de intervención (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 17. Rogos e preguntas.

Archivos Adjuntos: 

Pleno Ordinario de 26 de outubro de 2015

ORDE DO DÍA: 1.- ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 28 DE SETEMBRO DE 2015. PARTE RESOLUTIVA 2.- MOCIÓN, INSTADA POLA CIG, SOBRE PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, DE MEDIDAS PARA GARANTIR A ENERXÍA COMO SERVIZO PÚBLICO E CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA. 3.- EXPEDIENTE DE ORDENANZAS DE INGRESOS PARA 2016: ESTABLECEMENTO E MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS FISCAIS. MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS REGULADORAS DE PREZOS PÚBLICOS. DERROGACIÓN DE ORDENANZA FISCAL. 4.- BONIFICACIÓN DO 50% DA COTA DO ICIO POR CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO A FAVOR DE PADEL PIBE. 5.- BONIFICACIÓN DO 30% DA COTA DO ICIO POR OBRAS NO CASCO HISTÓRICO A FAVOR DE Dª MONTSERRAT GARCÍA MARTÍNEZ. 6.- BONIFICACIÓN DO 30% DA COTA DO ICIO POR OBRAS NO CASCO HISTÓRICO A FAVOR DE Dª Mª CONCEPCIÓN TRINCADO VÁZQUEZ. 7.- FRACCIONAMENTO DO PRAZO DE REINTEGRO DO SALDO DEBEDOR DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DA PARTICIPACIÓN EN TRIBUTOS DO ESTADO DO ANO 2013. 8.- ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACION DE TERRAZAS, TOLDOS PARASOIS, CELOSÍAS OU BIOMBOS NAS ZONAS DE INTERESE TURÍSTICO DE MONFORTE DE LEMOS. 9.- PROPOSTA DE ALCALDÍA INSTANDO Á XUNTA A QUE ACOMETA AS OBRAS DE REMODELACIÓN NECESARIAS NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE MONFORTE DE LEMOS E CUMPRA COS COMPROMISOS ASUMIDOS NO SEU DÍA PARA ISO. 10.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE ÓRGANOS E ENTIDADES DE FUNCIONAMENTO ALLEO AO CONCELLO. 11.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE ÓRGANOS NOS QUE OS DISTINTOS GRUPOS OSTENTARÁN A REPRESENTACIÓN DA CORPORACIÓN. 12.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP EN RELACIÓN Á EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES EN PAGOS E PRÓRROGAS DE CONTRATOS. 13.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A FAVORECER A TRANSPARENCIA NAS SUBVENCIÓNS PÚBLICAS COMA OS OBRADOIROS DE EMPREGO. 14.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA RECLAMACIÓN DE ONCÓLOGOS PROPIOS E RADIOTERAPIA EN OURENSE PARA OS PACIENTES DA NOSA ÁREA SANITARIA. 15.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O SANEAMENTO E ENLACE DO PORTO SECO COA N-120. 16.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E IMPERBEALIZACIÓN DO DEPÓSITO DO CORNADO. 17.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE ACTUACIÓNS RELATIVAS AO TRÁFICO E SEGURIDADE. 18.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP EN RELACIÓN Á REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE RENOVACIÓN E MELLORA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN 19.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 21.09.2015 a 19.10.2015. 20.- INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 23.09 e 09.10.2015) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 21.- DACIÓN DE CONTA DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA DO 3º TRIMESTRE DE 2015 E OUTRA INFORMACIÓN DE COMUNICACIÓN OBRIGATORIA AO MINHAP. 22.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO DO 3º TRIMESTRE DE 2015. 23.- DACIÓN DE CONTA DOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO E MOROSIDADE, CORRESPONDENTES AO 3º TRIMESTRE DE 2015. 24.- ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: