Mercados de Monforte

A Praza de Abastos converteuse en esceario para a celebración dos mercados de Monforte, actividade para a promoción do pequeno comercio e eixe sobre o que vira a comercialización dos produtos artesanais de calidade. Os mercados de Monforte celébranse periódicamente tendo en cada ocasión unha temática diferente.

Mercados de Monforte

Desde o Concello animamos a comerciantes, asociacións, colectivos e veciñ@s en xeral, a facer propostas e a poñer en marcha mercados que reforcen a actividade comercial e turística da cidade, nos que se coide especialmente a calidade, a orixinalidade, a presentación e a atención ao público.

@s comerciantes interesad@s en participar nestas campañas de promoción, poden poñerse en contacto coa Axente de Promoción Económica nas oficinas das Casitas da Compañía ou chamando ao teléfono 982 88 47 75.

Máis información aquí

 

MERCADOS DE OUTONO 2018

Mercados de Outono

A partir de hoxe ábrese o prazo para a solicitude de participación no Mercado de Outono na Praza de abastos de Monforte que se celebrará os días 17 e 18 de novembro. Poderán participar neste mercado produtores e comerciantes de produtos alimentarios relacionados coa tempada de outono, sobre todo os relacionados cos froitos do bosque: cogomelos, castañas, noces, marmelos, froitos do bosque, entre outros, así como aqueles produtos elaborados e transformados dos mesmos.

O prazo de solicitude remata o día 9 de novembro ás 14:00 h. Os interesados/as en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude “Anexo I”, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, Campo Santo Antonio, S/N – 27400 Monforte ou ben dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Monforte, Casitas da Compañía, S/N- tel.: 982884775

Selección participantes 2018

Bases inscrición mercados outono 2018

Modelo Solicitude