Actividades

Verán cultural 2018

Concertos, exposicións, cine e outras actividades lúdicas forman parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2018. O Concello de Monforte preparou unha ampla programación cultural, lúdica e festiva dende agora e ata comezos de outubro. O Alcalde, José Tomé, destaca que “o noso obxectivo é ofrecer actividades moi variadas, para así darlle satisfacción a tódolos públicos; tamén queremos encher de actividades esta época do ano, na que recibimos un maior número de visitantes”.

O mandatario local destaca que “grazas a este programa, axudamos a estimular a actividade económica local, posto que todas estas actividades van contribuír a que cada vez se acheguen a Monforte máis turistas”.

Por outra parte, o rexedor fai fincapé en que “á hora de deseñar esta programación tamén contamos coa participación de varios artistas monfortinos, para que así, poidan expresar a súa creatividade artística diante dos seus veciños e tamén para disfrutar conxuntamente, do verán cultural”.

 

VERÁN CULTURAL 2018

Paseos en barca polo Río Cabe

Ata setembro é posible alugar barcas de paseo no embarcadoiro do parque dos Condes.

Barcas Engalanadas

15 de agosto, ás 22:30 horas 

Recuperación das Barcas Engalanadas e Iluminadas, tradición de mediados do século XX

Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Club de Piragüismo Quixós

 

Exposición de Fotografía PAISAJES de JESÚS R. MONTERO

Ata o 20 de xullo

Sala de exposicións da Casa da Cultura 

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 26 ó 29 de xullo      

V FANCINE DE LEMOS. Festival de cine fantástico e de terror de Monforte

Organiza: Amanita Studio

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 27 ó 29 de xullo      

FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA 

sábado 28, concerto de:

WOODS, PUERTO CANDELARIA, FREEDONIA,FUCKAINEe COQUE MALLA

No exterior do Parador de Monforte de Lemos, ás 20 horas

Organiza: i-radia

Colabora: Concello de Monforte de Lemos, Deputación de Lugo, AGADIC, Xunta de Galicia, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

 

Do 2 ó 8 de agosto      

Exposición do xornal El Progreso:SOMOS LUGO AL 110%

Diante das Casitas da Compañía

Organiza: El Progreso 

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 3 ó 8 de agosto      

XX MOSTRA ARTELEMOS

Rúa do Cardeal

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 9 ó 28 de agosto    

Exposición de Carteis do XXII CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS -2018

Sala de exposicións da Casa da Cultura 

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Mércores, 8 de agosto

 Actuación dun dúo musical e do Escobar monfortino, VARELA

Praza de España, ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Xoves, 9 de agosto      

MAGO LAMAS – GALA DE MAXIA, CULTURA NO CAMIÑO 2018

Praza de España ás 22:30 horas 

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura 

 

Venres, 10 de agosto              

Concerto  do CORO ENCAIXE, CULTURA NO CAMIÑO 2018

Praza de España ás 22:30 horas  

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura 

 

Sábado, 11 de agosto

NOITE TEMÁTICA de VERÁN, dedicada ó mundo da moda. 

Apertura de establecementos comerciais asociados ó CCU, con grandes descontos, de 21 horas 1:30 horas, do domingo 12 de agosto.

Organiza: Centro Comercial Urbano

colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 11 ó 16 de agosto  

FESTAS PATRONAIS

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Sábado, 18 de agosto

Concerto  do grupo monfortino THE POET´S SILENCE

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

18 e 19 de agosto        

FEIRA DE OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU

Praza de Abastos -mercados

Organiza: Concello de Monforte eCentro Comercial Urbano 

 

Domingo, 19 de agosto 

Concerto  OS XOGRARES DE LEMOS

 Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

domingo 19 de agosto           

FESTA DA EMPANADA

Área de recreo de Ribas Altas

Organiza:Asociación de Veciños de Ribas Altas

colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

do 20 ó 24 de agosto   

VI OBRADOIRO DE VERÁN DE MÚSICA E BAILE CONCELLO DE MONFORTE 

Edificio Multiusos

Organiza:Concello de Monforte de Lemos

 

Martes 21 de agosto  

Actuación de CANTIGAS E AGARIMOS

PROGRAMA DANZA 3

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura 

 

do 22 ó 25 de agosto   

XXI  FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE

Rúa do Cardenal

Organiza: Concello de Monforte e Federación de Libreiros de Galicia 

 

Do 24 ó 26 de agosto  

FEIRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA-ÁGORA VERDE

Praza das Casitas da Compañía

Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Consello Agricultura Ecolóxica de Galicia

 

sábado 25 agosto        

Concerto  BANDA DE MÚSICA DE LUGO, MUSIQUEANDO POLA PROVINCIA DE LUGO 

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura 

 

Venres, 31 de agosto  

Concerto  de ROI CASAL -Son Galego, Son Cubano

Praza da Compañía ás 22:30 horas 

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura 

 

Sábado, 1 de setembro          

XIX  FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

-AGRUPACIÓN CORAL SAN ANTONIO de GIJÓN

-CORAL CITE de SAN CIBRAO  -Lugo

-CORAL POLIFÓNICA do CONCELLO de MONFORTE

Actuación na Praza de España ás 20 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Sábado, 1 de setembro          

VII  FESTIVAL DO PARADISO   

Parque dos Condes, dende as 20 horas

Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso 

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Domingo, 2 de setembro       

XIX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA

VISITAS GUIADAS Á ZONA DE ÁMBITO XUDEU DE MONFORTE

11:30 e 18 horas – Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo 

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España / Caminos de Sefarad

 

3 ó 17 de setembro     

Exposición Fotográfica: OFICIOS E FERRAMENTAS II de PERUCHELA

Sala de exposicións da Casa da Cultura 

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

19 de setembro ó 5 de outubro        

Exposición: CRÓNICA DE MAIO –PARÍS 1968, de JESÚS DÍAZ FERRER

Sala de exposicións da Casa da Cultura 

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

Venres, 21 de setembro

FESTA DE SAN MATEO

Organiza: Comisión de festas da parroquia A Parte

colabora: Concello de Monforte de Lemos

 Verán cultural Concello Monforte 2018

Paseos en barca polo río Cabe

 

A Xunta de Goberno local do Concello de Monforte adxudicou o servizo de paseos en barca polo río Cabe ó Club de Montaña e Piragüismo Quixós, que se encargará da xestión desta actividade, do mantemento das barcas así  como dos cobros e atención ós pasaxeiros. As embarcacións están a disposición dos veciños e visitantes desde o 15 de xuño.

O punto de inicio dos percorridos será o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo custará 3,25 €/media hora, como en anos anteriores. Por razóns de seguridade, só se permiten seis persoas como máximo en cada barca. Estas pequenas travesías en barca poderán facerse de luns a venres entre as 18 horas ata as 22 horas e as fins de semana e os festivos, tamén en horario de mañá desde as 11 e ata as 14 horas do mediodía e pola tarde de 18 a 22 horas. O espectáculo das barcas engalanadas será o 16 de agosto a partir das 23 horas.

Para o Alcalde estas travesías, que veñen sendo unha tradición dende hai anos, “permiten gozar dunha perspectiva diferente da nosa cidade e que soamente é posible ter dende o río. Pese a que Monforte se construíu de costas a el, os veciños sempre tiveron a tradición de usalo para labores cotiás, como lavar a roupa, especialmente na zona do Malecón, onde había lavadoiros colectivos”. Para José Tomé Roca os paseos en barca permiten ter outra dimensión do río; máis alá de velo só desde fóra e engadiu que “é un percorrido fermoso, cómodo e sen correntes, moi axeitado para realizar nesta época do ano”.