Historia do Mercado

imagen...

A rúa Bailén, na que hoxe se atopa a Praza de Abastos, era coñecida na Idade Media como a rúa do PESO, xa que nela estaban as casas municipais dedicadas ao peso, coas súas  balanzas para o control das mercadorías.

Unha das primeiras iniciativas do afamado médico Antonio Dacal ao converterse en alcalde de Monforte de Lemos  no 1924, foi dotar a cidade dun mercado de abastos. No 1927 inícianse as obras a cargo da Compañía de construcións Hidráulicas e Civís. Dous anos máis tarde, en pleno verán de 1929, o mercado de abastos abría as súas portas ao público.

A Praza de Abastos viviu  décadas de grande actividade ata os anos 80, cando comeza a decrecer coa aparición dos supermercados noutros puntos da cidade.

Durante o século XX o edificio sufriu distintas reformas e ampliacións, que non conseguiron evitar a súa decadencia. Ata que no 2011 o Concello pon en marcha un ambicioso proxecto que dá un novo impulso a este edificio, converténdoo nun novo atractivo da cidade.

Información e Contacto
Tel. 982 40 25 01
mercados@monfortedelemos.es
by
Ainet Consulting